---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA ADXUDICA Á UTE FERROVIAL AGROMAN-BANASA A CONSTRUCIÓN DO SEU NOVO HOSPITAL CENTRAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-adxudica-ute-ferrovial-agroman-banasa-construcion-do-seu-novo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-adjudica-la-ute-ferrovial-agroman-banasa-la-construccion-de-su-nuevo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-adjudica-lute-ferrovial-agroman-banasa-la-construccio-del-seu-nou"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-ferrovial-agroman-banasa-abee-ari-esleitu-dio-ospitale-zentral"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-adxudica-ute-ferrovial-agroman-banasa-construcion-do-seu-novo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA ADXUDICA Á UTE FERROVIAL AGROMAN-BANASA A CONSTRUCIÓN DO SEU NOVO HOSPITAL CENTRAL



04/12/2015

Novedades

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa, adxudicou as obras para a construción do novo Hospital Central, sito no paseo de la Habana, 83-85, á UTE Ferrovial Agroman-Banasa. Este será o único hospital do sector de mutuas no municipio de Madrid.

A UTE Ferrovial Agroman-Banasa,presentou a oferta máis vantaxosa e un proxecto enfocado á sostibilidade ambiental. O prazo de execución das obras é de 24 meses e o investimento será de máis de 30,4 millóns de euros.   
 O novo Hospital dispoñerá de 50 cuartos para hospitalización, rehabilitación, urxencias, 16 consultas, bloque cirúrxico con tres quirófanos e unha unidade de exploración por imaxe dotada coas últimas tecnoloxías en diagnóstico, que inclúe TAC, resonancia magnética, ecografía e radioloxía dixital. Ademais será pioneiro en eficiencia enerxética, polo que aspira a obter a certificación LEED PLATINO de acordo cos criterios do Green Building Certification Institute.   
   
 Ferrovial é un dos principais operadores globais de infraestruturas e xestores de servizos a cidades, comprometido co desenvolvemento de solucións sostibles. Esta compañía cotiza no IBEX 35 e forma parte de prestixiosos índices de sostibilidade como o Dow Jones Sustainability Index e FTSE4Good.

Dende Fraternidad-Muprespa cremos neste proxecto, apostando polas novas tecnoloxías, en prol de exercer a medicina e axudar aos nosos mutualistas a restablecer a súa saúde, á vez que velamos polo medio ambiente.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"