---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA APOSTA POLO TALENTO E A EXPERIENCIA DE ESTEBAN MATE DE MIGUEL COMO NOVO SUBDIRECTOR XERAL DE XESTIÓN"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-aposta-polo-talento-e-experiencia-de-esteban-mate-de-miguel-como-novo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-apuesta-por-el-talento-y-la-experiencia-de-esteban-mate-de-miguel"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-aposta-pel-talent-i-lexperiencia-desteban-mate-de-miguel-com-nou"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-talentuaren-eta-eskarmentuaren-aldeko-apustua-egin-du-esteban-mate"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-aposta-polo-talento-e-experiencia-de-esteban-mate-de-miguel-como-novo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA APOSTA POLO TALENTO E A EXPERIENCIA DE ESTEBAN MATE DE MIGUEL COMO NOVO SUBDIRECTOR XERAL DE XESTIÓN



03/07/2015

Novedades

Fraternidad-Muprespa nomeou a Esteban Mate de Miguel como subdirector xeral de Xestión. Mate de Miguel desenvolveu a súa carreira profesional primeiro en DMR Consulting (Everis) como xefe de proxecto de Business Intelligence. Posteriormente en 2003, inicia a súa carreira profesional en [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) e pasa por diferentes postos de responsabilidade, ata o seu último cargo como director de Organización e Planificación, o cal abandonou para formar parte do Comité de Dirección da Entidade, no primeiro nivel de responsabilidade.

Esteban Mate é licenciado en Físicas pola Universidade Autónoma de Madrid, cursou o máster en Dirección Estratéxica e Xestión da Innovación pola Universidade Carlos III de Madrid, o posgrao en Xestión do Coñecemento na Universitat Oberta de Catalunya e un curso superior en Intelixencia de Negocio da EOI, entre outros. Na súa traxectoria profesional, a pesar da súa xuventude, 40 anos, liderou un dos grandes proxectos da Mutua, o Plan Estratéxico Corporativo, base da nova filosofía e forma de traballo de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), o que lle proporciona unha visión global da entidade e que lle permitirá ademais promover e manter a xestión, tanto das prestacións económicas coma da parte sanitaria da Mutua.  
   
 O nomeamento de Esteban Mate de Miguel é froito da confianza que a entidade depositou nel ao recoñecer o seu mérito e formación; deste xeito valórase a aposta polo talento interno, a profesionalidade e a experiencia malia a súa xuventude.

 [ Organigrama de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa)

 ![Botón interno]()Enlace ](/es-ES/contenidos/ORGANIGRAMA-DE-FRATERNIDAD-MUPRESPA_2_3_0.html)   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"