---
title: "Fraternidad-Muprespa Castelló e Ntra. Sra. de la Consolación xuntos pola prevención"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-castello-e-ntra-sra-de-la-consolacion-xuntos-pola-prevencion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-castellon-y-ntra-sra-consolacion-juntos-por-la-prevencion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-castello-i-ntra-sra-consolacion-junts-la-prevencio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/castelloko-fraternidad-muprespa-eta-ntra-sra-consolacion-elkarrekin-prebentzioaren-alde"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-castello-e-ntra-sra-de-la-consolacion-xuntos-pola-prevencion"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa Castelló e Ntra. Sra. de la Consolación xuntos pola prevención



27/04/2017

Semana de la prevención

Fraternidad-Muprespa en Castelló organizou unha “Xornada sobre prevención” no Colexio Nuestra Señora de la Consolación, durante os días 25 e 26 de abril de 2017.

No marco da II Semana da Prevención organizada por Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), quixemos levar a cultura preventiva ás escolas, profesores e alumnado.

Os nenos de hoxe serán os futuros traballadores e empresarios do mañá, os que incorporen no seu interior o valor da Prevención de forma inconsciente e, polo tanto, o poidan levar á práctica de forma natural.

Por este motivo, a Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa en Castelló, coa colaboración de Educación e Xestión, realizou durante os días 25 e 26 de abril no colexio Nuestra Señora de la Consolación de Castelló xornadas de Prevención para os alumnos de 5º e 6º curso de primaria.

As charlas foron impartidas por David Balmaseda Berdasco, técnico de Prevención Superior de Fraternidad-Muprespa.

As devanditas xornadas contaron coa participación total de ao redor de 180 asistentes, entre alumnos e profesores, que evidenciaron un enorme interese nos temas expostos e tratados.