---
title: "Fraternidad-Muprespa celebra a súa V Semana da Prevención"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-sua-v-semana-da-prevencion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-su-v-semana-de-la-prevencion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-la-v-setmana-de-la-prevencio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-prebentziorako-v-astea-ospatuko-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-sua-v-semana-da-prevencion"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-celebrates-its-v-prevention-week"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa celebra a súa V Semana da Prevención



22/04/2020

Novedades

Fraternidad-Muprespa celebra a súa quinta semana da prevención arredor do 28 de abril de 2020, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.

Nos momentos que vivimos pola pandemia da COVID-19, a Organización Internacional do Traballo, e nós como Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), queremos axudarlle a que todos, e en especial os traballadores, coñezan todas as medidas de prevención necesarias. Este ano, o lema da OIT é “Deteñamos a pandemia: a seguridade e saúde no traballo pode salvar vidas”.

A [quinta semana da prevención](https://www.fraternidad.com/es-ES/v-semana-de-la-prevencion-de-fraternidad-muprespa) de Fraternidad-Muprespa promulga o seguinte lema: “Máis ca nunca, seguridade e saúde no traballo: Por ti primeiro e por todos os teus compañeiros”, onde imos incidir na seguridade dos traballadores e na dos que os rodean.

Presentamos unha serie de produtos que lle axudarán a sentirse máis seguro no traballo. Entre eles, contidos especiais COVID-19 integrados no portal específico de prevención [Previene](https://www.fraternidad.com/es-ES/previene); [infografía](https://www.fraternidad.com/es-ES/teletrabajo-consejos-y-recomendaciones) con dez pasos imprescindibles para a incorporación ao traballo; consellos para afrontar o [teletraballo](https://www.fraternidad.com/es-ES/teletrabajo-consejos-y-recomendaciones) e unha serie de pequenos vídeos diarios con temáticas de plena actualidade, entre outros.

Coma sempre, seguimos mantendo o noso itinerario de saúde “[Camiñado cara ao benestar](https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/caminando-hacia-el-bienestar-sumate-al-itinerario-saludable-de-fraternidad-muprespa)” e a “[Aula online de prevención](https://www.fraternidad.com/es-ES/previene/ofertae-programa)” con cursos de moi variadas temáticas que pode aproveitar para realizalos neste tempo de confinamento.

Este ano, a quinta semana da prevención témola que realizar doutro xeito, dun xeito virtual, pero queremos transmitirlle que a Mutua está para axudar, xestionar e previr co fin de termos menos accidentes, porque a seguridade sempre é o primeiro.

O próximo ano volveremos a “sacar a prevención de riscos laborais á rúa”.