---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SANTANDER O PASADO 11 DE MAIO UNHA XORNADA SOBRE A REFORMA LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebrou-en-santander-o-pasado-11-de-maio-unha-xornada-sobre-reforma"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-santander-el-pasado-11-de-mayo-una-jornada-sobre-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-va-celebrar-santander-l11-de-maig-passat-una-jornada-sobre-la-reforma"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-lan-erreformari-buruzko-jardunaldia-egin-du-santanderren-pasa-den"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebrou-en-santander-o-pasado-11-de-maio-unha-xornada-sobre-reforma"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SANTANDER O PASADO 11 DE MAIO UNHA XORNADA SOBRE A REFORMA LABORAL



14/05/2012

Novedades

 O pasado venres 11 de maio a Mutua Fraternidad-Muprespa  en colaboración coa Facultade de Dereito da Universidade de Cantabria, celebrou en Santander unha "Xornada sobre a reforma laboral, tendencias reformadoras na [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e a nova Lei da xurisdición social".

 D. Ignacio Carreras Agenjo, director provincial de Cantabria de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) realizou a apertura e inauguración da xornada.

 A xornada contou coa participación de D. David Lantarón Barquín, profesor titular da Facultade de Dereito da Universidade de Cantabria, que versou a súa intervención sobre "A permanente reforma laboral: especial atención ao RD-Lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral".

 D. Javier Orcaray Reviriego, xefe de Relacións Laborais da Dirección Xeral de Traballo do Goberno de Cantabria, interveu co relatorio "Tendencias reformadoras da nosa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), actualización, adecuación e modernización do [sistema de Seguridade Social](/gl-ES/sistema-de-seguridade-social).

 Por último Dª. Mercedes Sancha Sáiz, maxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, disertou sobre "A nova Lei reguladora da xurisdición social".

 Clausurou a xornada Dª. Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Organización e Rede de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa).

 O acto congregou máis de150 profesionais, entre colaboradores, empresarios e graduados sociais.