---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA COMPROMETIDA CO ENVELLECEMENTO ACTIVO SAUDABLE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-comprometida-co-envellecemento-activo-saudable"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-comprometida-con-el-envejecimiento-activo-saludable"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-compromesa-amb-lenvelliment-actiu-saludable"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-zahartze-aktibo-osasuntsuarekin-konprometitua"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-comprometida-co-envellecemento-activo-saudable"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA COMPROMETIDA CO ENVELLECEMENTO ACTIVO SAUDABLE



24/10/2016

Novedades

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) ten entre as súas premisas informar as empresas, autónomos, colaboradores e resto de grupos de interese sobre aspectos relacionados coa [saúde laboral](/gl-ES/saude-laboral). É un paso máis para manter unha poboación activa sa, sexa cal for o seu tramo de idade, para así contribuír a minimizar a sinistralidade presente e futura.

Na xornada de envellecemento activo que se realizou o 21 de outubro de 2016 na Rioxa, Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación, incidiu na importancia de xuntar todos os esforzos posibles para conseguir que o envellecemento da poboación laboral sexa un reto atractivo e sinxelo de afrontar, e que se converta nunha necesidade que se aborde con seguridade, dende todas as partes implicadas. Tamén aconsellou catro puntos de apoio imprescindibles para conseguir que a súa empresa sintonice cun persoal saudable en calquera tramo de idade.

Os asistentes puideron coñecer prácticas e técnicas orientadas a fortalecer a capacidade de traballo das persoas maiores identificando os factores que forman parte da contorna laboral habitual para este grupo de traballadores.

Explicouse o éxito de conciliar, a contorna psicosocial do [traballador](/gl-ES/traballador) cos recursos de saúde e facilitáronse interesantes medidas aplicables nas empresas.

Non podemos esquecer que a nosa razón de ser son as empresas e os traballadores, e que o número de ocupados con máis de 65 anos creceu un 28% nos dous últimos anos. Existen na actualidade 162.600 persoas, entre traballadores por conta propia e asalariados, dentro deste colectivo.

Nunca antes houbo tantos maiores activos, aínda que tampouco houbo tantos españois con idade para xubilarse. España é o país da CEE coa taxa de ocupación máis baixa entre os maiores de 65 anos.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"