---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA DA CORUÑA FAI ENTREGA DE ALIMENTOS E ROUPA Á INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-da-coruna-fai-entrega-de-alimentos-e-roupa-institucion-benefico"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-coruna-hace-entrega-de-alimentos-y-ropa-la-institucion-benefico"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-la-corunya-lliura-aliments-i-roba-la-institucio-beneficosocial"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/corunako-fraternidad-muprespak-elikagaiak-eta-arropa-eman-dizkio-padre-rubinos-gizarte"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-da-coruna-fai-entrega-de-alimentos-e-roupa-institucion-benefico"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA DA CORUÑA FAI ENTREGA DE ALIMENTOS E ROUPA Á INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS



13/01/2017

Novedades

Fraternidad-Muprespa na Coruña organizou polo Nadal unha Campaña Solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros e roupa. O pasado 10 de xaneiro púxose fin a esta campaña procedendo á entrega dos recursos solidariamente entregados.

A entrega efectuárona Alejandro Lamelo Garrido, director provincial, e Javier Eibe Suárez, adxunto á Dirección Provincial nas instalacións da Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Foron recibidos polo presidente da institución, Eduardo Acea García, e por membros da [xunta directiva](/gl-ES/xunta-directiva). Estes agradeceron a todos os empregados de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) da Coruña a súa colaboración nesta campaña solidaria.

A Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como Padroado da Caridade, o día 19 de abril de 1918; non obstante, ten os seus antecedentes nunha institución creada polo alcalde D. Manuel Casas Fernández en 1913.

Dende Fraternidad-Muprespa, queremos fomentar todo tipo de proxectos de desenvolvemento dirixidos á sociedade e, en concreto, cara ás persoas máis desfavorecidas.