---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA DE TOMELLOSO FAI ENTREGA DE RECURSOS RECOLLIDOS SOLIDARIAMENTE Á ASEMBLEA DA CRUZ VERMELLA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-tomelloso-fai-entrega-de-recursos-recollidos-solidariamente"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-tomelloso-hace-entrega-de-recursos-recogidos-solidariamente-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-tomelloso-lliura-recursos-recollits-solidariament-lassemblea-de-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/tomellosoko-fraternidad-muprespak-modu-solidarioan-bildutako-baliabideak-entregatu-dizkio"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-tomelloso-fai-entrega-de-recursos-recollidos-solidariamente"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA DE TOMELLOSO FAI ENTREGA DE RECURSOS RECOLLIDOS SOLIDARIAMENTE Á ASEMBLEA DA CRUZ VERMELLA



16/01/2017

Novedades

Fraternidad-Muprespa  en Tomelloso organizou polo Nadal unha campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes, coa orixinalidade engadida da venda de chapas, organizada por José María Belló, fisioterapeuta de Fraternidad-Muprespa, onde se recadou un total de 2.077 €.   
  
Os recursos solidariamente recollidos en [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) foron entregados á Asemblea da Cruz Vermella de Tomelloso. Os alimentos e o diñeiro recadado foron entregados o pasado 12 de xaneiro e os xoguetes con anterioridade á festividade do día de Reis, para a súa repartición entre os nenos mais desfavorecidos da zona.   
  
Marco Antonio Ruiz Morales, presidente da Cruz Vermella en Tomelloso, destacou no acto da entrega a solidariedade de todas as institucións que participaron na campaña solidaria e que fixeron posible a compra de xoguetes por valor de 2.000 €, 417 quilos de alimentos e o diñeiro en metálico recadado grazas á iniciativa de José María Belló, que, segundo explicou o presidente de Cruz Vermella, se destinarán para a compra dunha ambulancia.  
  
Dende Fraternidad-Muprespa, fomentamos todo tipo de proxectos de desenvolvemento dirixidos á sociedade e, en concreto, cara ás persoas máis desfavorecidas.