---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA DE VALENCIA REALIZOU UNHA XORNADA SOBRE O BONUS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-valencia-realizou-unha-xornada-sobre-o-bonus"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-valencia-ha-celebrado-una-jornada-sobre-el-bonus"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-valencia-ha-celebrat-una-jornada-sobre-el-bonus"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/valentziako-fraternidad-muprespak-hobariei-buruzko-jardunaldia-antolatu-zuen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-de-valencia-realizou-unha-xornada-sobre-o-bonus"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA DE VALENCIA REALIZOU UNHA XORNADA SOBRE O BONUS



19/02/2016

Recensión de xornada

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), realizou o 18 de febreiro na Dirección Provincial de Valencia unha xornada divulgativa sobre o Sistema de Redución das Cotizacións–BONUS.

 A sesión iniciouse coa presentación por parte do director provincial de Valencia D. Jordi de Vicente Aldecoa, quen realizou unha breve introdución sobre a evolución da [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) en España.

 Posteriormente interviñeron D. David Balmaseda Berdasco e D. Ildefonso Castro Bermejo, ambos os dous técnicos superiores de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Entidade, que realizaron unha profunda disertación sobre a temática en cuestión e captaron a atención dos presentes, o que derivou nunha ampla participación destes.

 A xornada contou coa asistencia de responsables laborais de importantes asesorías, así como responsables de Recursos Humanos de empresas asociadas da zona.

 Para rematar, tomou de novo a palabra D. Jordi de Vicente Aldecoa para realizar a clausura da xornada, agradecendo a presenza e participación a todos os asistentes.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"