---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA DESTACA NO PACTO VERDE DA CIDADE DE VITORIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-destaca-no-pacto-verde-da-cidade-de-vitoria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-destaca-en-el-pacto-verde-de-la-ciudad-de-vitoria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-destaca-en-el-pacte-verd-de-la-ciutat-de-vitoria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-gailendu-egin-da-gasteiz-hiriko-itun-berdean"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-destaca-no-pacto-verde-da-cidade-de-vitoria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA DESTACA NO PACTO VERDE DA CIDADE DE VITORIA



22/09/2015

Novedades

.NG_contenedor .NG_texto p { text-align: justify; } Durante o ano 2012, a cidade de Vitoria converteuse na Capital Verde Europea. Dende este ano, o Centro Asistencial de Vitoria de Fraternidad-Muprespa, adheriuse ao Pacto Verde do Concello de Vitoria.  
   
 Dende entón destacou o esforzo realizado por Fraternidad-Muprespa, no investimento que realizou no seu centro de traballo para mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico, coa conseguinte diminución de gases de efecto invernadoiro.  
   
 Entre as actuacións máis destacadas, a Mutua implantou no centro un sistema de climatización VRF INVERTER con control de temperatura, zonificado de forma independente e con recuperación de calor. Así mesmo, instalou illamento térmico en parámetros verticais e horizontais, xunto con novos cerramentos fixos de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro baixo emisivo, e ventás oscilobatentes.

A través destas boas prácticas que se levaron a cabo, queda de manifesto a vontade e o compromiso de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) para mellorar moitos aspectos ambientais na xestión diaria, así como para o benestar dos nosos mutualistas.

 Xa somos 792 empresas adheridas ao Pacto Verde.

 [ CONCELLO DE VITORIA

 ![Botón externo]()Ligazón ](http://www.vitoria-gasteiz.org/we001/was/we001Action.do?idioma=es&aplicacion=wb021&tabla=contenido&uid=u1d319fc6_14e8feb3236__7f1d) [Boas prácticas ambientais. [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa)

 ![Botón descarga]()Descarga](;)   
 " A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"