---
title: "FRATERNIDAD MUPRESPA E MUTUA UNIVERSAL ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA COMPARTIR CENTROS ASISTENCIAIS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-e-mutua-universal-asinan-un-acordo-de-colaboracion-para-compartir"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-y-mutua-universal-firman-un-acuerdo-de-colaboracion-para-compartir"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-i-mutua-universal-signen-un-acord-de-collaboracio-compartir-centres"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-eta-universal-mutualitateek-lankidetza-akordioa-sinatu-dute-laguntza"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-e-mutua-universal-asinan-un-acordo-de-colaboracion-para-compartir"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD MUPRESPA E MUTUA UNIVERSAL ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA COMPARTIR CENTROS ASISTENCIAIS



01/03/2011

Novedades

A Mutua Fraternidad Muprespa e Mutua Universal asinaron un acordo, aprobado polo MTIN o pasado 7 de febreiro,

para a utilización de centros asistenciais alí onde [Fraternidad Muprespa](/) non dispoña de centro asistencial propio. Deste xeito os traballadores asociados a ambas as mutuas, en caso de sufrir un [accidente](/gl-ES/accidente) laboral, poderán acudir tanto aos nosos centros asistenciais como aos centros da Mutua Universal referidos todos en: [http://www.fraternidad.com/centros](/centros).

Os trámites que sexan necesarios manter coa empresa do [traballador](/gl-ES/traballador) accidentado serán sempre realizados pola mutua coa que a empresa estea asociada. Este convenio entrará en vigor con data 1 de marzo de 2011.

Seguimos traballando así na liña que propón o Ministerio de Traballo e Inmigración de optimizar os recursos propios das Mutuas mediante acordos de colaboración para a dispensa da [asistencia sanitaria](/gl-ES/asistencia-sanitaria), como o xa subscrito con ASEPEYO dende xullo de 2009.

Para maior información pode contactar coa súa delegación provincial, centro asistencial ou a través da nosa web en ["Contacte connosco"](/gl-ES/servizo/CONTACTAR-CON-MUTUA-FRATERNIDAD-MUPRESPA.html).

 [Acceder](/centros)REDE DE CENTROS DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA[Acceder](/gl-ES/noticias/2009/07/16/FRATERNIDAD-MUPRESPA-E-ASEPEYO-ASINAN-UN-CONVENIO-DE-COLABORACION-PARA-COMPARTIR-RECURSOS-ASISTENCIAIS_150.html)ACORDO DE COLABORACIÓN CON ASEPEYO[Contactar](/gl-ES/servizo/CONTACTAR-CON-MUTUA-FRATERNIDAD-MUPRESPA.html)CONTACTE CONNOSCO  
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"