---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA, EN COLABORACIÓN CO COLEXIO SAN BERNARDO, REALIZA EN MADRID UNHA XORNADA TITULADA ’OS NENOS SALVAN VIDAS’"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-en-colaboracion-co-colexio-san-bernardo-realiza-en-madrid-unha"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-en-colaboracion-con-el-colegio-san-bernardo-celebran-en-madrid-una"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-en-collaboracio-amb-el-collegi-san-bernardo-celebra-madrid-una"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-san-bernardo-ikastetxearekin-elkarlanean-umeek-biziak-salbatzen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-en-colaboracion-co-colexio-san-bernardo-realiza-en-madrid-unha"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA, EN COLABORACIÓN CO COLEXIO SAN BERNARDO, REALIZA EN MADRID UNHA XORNADA TITULADA ’OS NENOS SALVAN VIDAS’



18/10/2016

Novedades

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa, en colaboración co colexio San Bernardo da localidade de Madrid, realizou o pasado 14 de outubro unha xornada titulada “Os nenos salvan vidas”. O acto realizouse en conmemoración do Día Europeo de Concienciación ante o paro cardíaco.  
   
 María del Amparo Garrudo Torres, xefa de estudos do colexio San Bernardo e en nome da dirección deste, estivo presente durante a presentación das actividades que se dirixiron aos alumnos de primaria.   
   
 David Fernández Alonso e Sonia Mercader Adame, ambos os dous voluntarios de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), realizaron para os nenos de 1° a 6° de primaria diferentes sesións adaptadas por idade. Nas devanditas sesións aprenderon sobre nocións básicas de reanimación cardiopulmonar, así como a importancia e o correcto emprego dos diferentes recursos do Servizo de Emerxencia (112).  
   
 A xornada transcorreu con moi boa aceptación por parte de alumnos e profesores, os cales se implicaron en todo momento coas actividades realizadas.  
   
 Dende [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), continuamos exercendo os nosos compromisos e responsabilidades sociais nunha busca permanente cara á excelencia e a mellora continua, ademais, aproveitamos a ocasión para agradecer ao colexio San Bernardo a súa boa disposición durante a xornada.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"