---
title: "Fraternidad-Muprespa entrega á Fundación Educativa Colexio Divina Pastora un accésit dos V premios EZ"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-entrega-fundacion-educativa-colexio-divina-pastora-un-accesit-dos-v"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-entrega-la-fundacion-educativa-colegio-divina-pastora-un-accesit-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-lliura-la-fundacion-educativa-colegio-divina-pastora-un-accessit-dels"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-v-ez-sarien-accesita-eman-dio-divina-pastora-ikastetxe-eta-hezkuntza"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-entrega-fundacion-educativa-colexio-divina-pastora-un-accesit-dos-v"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa entrega á Fundación Educativa Colexio Divina Pastora un accésit dos V premios EZ



01/06/2017

Novedades

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), entregou á Fundación Educativa Colexio Divina Pastora (Torre de Lemos) un accésit dos V premios Escolástico Zaldívar. O accésit recolleuno María Esther Rodríguez Camino, directora da Fundación Educativa, de mans do director provincial de Fraternidad-Muprespa en Lugo, José Luis Sánchez Jato, polo seu innovador papel no desenvolvemento da prevención de riscos laborais no seu centro.

O obxecto desta quinta convocatoria dos premios "Escolástico Zaldívar" era outorgar unha distinción a aquelas empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa altamente comprometidas coa prevención de riscos laborais que demostraran ter executado, ou estar a executar, actuacións que representen unha mellora na seguridade e saúde dos seus traballadores, alén do estrito cumprimento da normativa de prevención.

Os Premios “Escolástico Zaldívar” creáronse en memoria do fundador e primeiro presidente de Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) n.º 275.

O CPR. Plurilingüe FED. Torre de Lemos é un centro educativo laico e sen ánimo de lucro, fundado en abril de 2008, que leva mostrando dende o principio un grande interese pola prevención de riscos laborais e presenta uns índices de sinistralidade por debaixo da media do sector.