---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA HA PARTICIPADO EN EL IV CONGRESO CONJUNTO DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FÍSICA MÉDICA Y DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN RADIOLÓGICA CELEBRADO EN VALENCIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-participado-en-el-iv-congreso-conjunto-de-la-sociedad-espanola-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-participado-en-el-iv-congreso-conjunto-de-la-sociedad-espanola-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-va-participar-en-el-iv-congres-conjunt-de-la-societat-espanyola-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-fisika-medikoko-elkarte-espainiarraren-eta-babes-erradiologikorako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-participado-en-el-iv-congreso-conjunto-de-la-sociedad-espanola-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA HA PARTICIPADO EN EL IV CONGRESO CONJUNTO DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FÍSICA MÉDICA Y DE LA SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN RADIOLÓGICA CELEBRADO EN ...



30/06/2015

Novedades

O pasado 25 de xuño, tivo lugar na sede da Cidade Politécnica da Innovación da Universidade Politécnica de Valencia o IV Congreso conxunto da Sociedade Española de Física Médica e da Sociedade Española de Protección Radiolóxica. No congreso, baixo o lema: "Física e Saúde:Retos da Física Médica e a Protección Radiolóxica", expuxéronse numerosos relatorios de gran calidade e rigor científico, así como interesantes debates que superaron as expectativas dos profesionais presentes.  
   
 A Dra. Margarita Barrigón Tadeo, directora do Departamento de Xestión Sanitaria de Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), participou no congreso realizando unha presentación sobre a "[Implantación dun Sistema de historial dosimétrico, para a xestión da seguridade radiolóxica dos pacientes, en 83 instalacións de radiodiagnóstico médico](https://youtu.be/xaArIjvM2sk)", que consiste en cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade radiolóxica do paciente e na optimización das doses de radiación recibidas polos pacientes dentro do contexto do Programa de Garantía de Calidade. Coas conclusións deste estudo, establécese un protocolo no que se obtén o historial dosimétrico do paciente en cumprimento dos novos requisitos de seguridade radiolóxica do paciente e ademais se certifica a calidade e seguridade radiolóxica.  
   
 O relatorio resultou de grande interese para os profesionais que asistiron ao acto.  
   
 Unha vez máis, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) apostou polas iniciativas de carácter médico e científico, e colabora así en crear novos procedementos para o benestar dos nosos pacientes.

 [Se quere ver o relatorio sobre como implantar un sistema de historial dosimétrico para a xestión da seguridade radiolóxica, acceda ao seguinte vídeo

 ![Botón externo]()Enlace ](https://youtu.be/xaArIjvM2sk)   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"