---
title: "Fraternidad-Muprespa organiza en Cantabria unha xornada de prevención no colexio La Milagrosa "
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organiza-en-cantabria-unha-xornada-de-prevencion-no-colexio-la-0"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-en-cantabria-una-jornada-de-prevencion-en-el-colegio-la-0"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-cantabria-una-jornada-de-prevencio-al-colegio-la-milagrosa-0"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-prebentzioari-buruzko-jardunaldi-bat-antolatu-du-kantabrian-la"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organiza-en-cantabria-unha-xornada-de-prevencion-no-colexio-la-0"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa organiza en Cantabria unha xornada de prevención no colexio La Milagrosa 



03/05/2017

Semana de la prevención

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, en Cantabria quixo contribuír á celebración da II Semana da Prevención cunha xornada no colexio San José de Santander, na que se desenvolveron distintas actividades.

A xornada comezou cunha charla os alumnos de 1º e 2º da ESO sobre a prevención na escola e primeiros auxilios impartida por Ricardo Alonso, técnico de Prevención de Riscos Laborais, e Sara Velategui, doutorada en Ciencias da Saúde e fisioterapeuta, ambos os dous de Fraternidad-Muprespa en Cantabria.

Estruturada en dous módulos, a charla permitiu aos alumnos coñecer e aprender a controlar os factores de risco na escola e as súas medidas preventivas, así como adquirir habilidades en primeiros auxilios, unha técnica importantísima e que pode ser decisiva na vida dunha persoa. Os alumnos xa saben que, ante unha emerxencia, o primeiro que teñen que facer é poñer en práctica o PAS (Protexer, Avisar e Socorrer).

A continuación, realizouse a entrega de recoñecemento ao alumno gañador do concurso de pintura de 1º e 2º de primaria e cuxos carteis están expostos durante esta semana no taboleiro do colexio.

Por último, Ignacio Carreras, director de Fraternidad-Muprespa en Cantabria, fixo entrega dun diploma á dirección do colexio, en agradecemento pola súa colaboración nesta xornada que foi tan ben acollida tanto polos alumnos coma polos profesores.