---
title: "Fraternidad-Muprespa organiza en Cantabria unha xornada de prevención no colexio La Milagrosa"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organiza-en-cantabria-unha-xornada-de-prevencion-no-colexio-la"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-en-cantabria-una-jornada-de-prevencion-en-el-colegio-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-cantabria-una-jornada-de-prevencio-al-colegio-la-milagrosa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-prebentzio-jardunaldi-bat-antolatu-du-kantabriako-la-milagrosa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organiza-en-cantabria-unha-xornada-de-prevencion-no-colexio-la"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa organiza en Cantabria unha xornada de prevención no colexio La Milagrosa



26/04/2017

Semana de la prevención

Un tema importante que a miúdo esquecemos é a prevención de riscos nos nenos, a cal debemos fomentar coa finalidade de diminuír aínda máis os riscos aos que se expoñen diariamente. O escolar debe adquirir conciencia respecto a situacións de perigo, a importancia da súa prevención e as condutas persoais máis seguras fronte a estes riscos, xa sexan no fogar, a vía pública ou a escola, lugar na que pasan o maior tempo dos seus días, que despois serán substituídos polas súas xornadas laborais.

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa quixo contribuír a esta formación e, aproveitando a celebración da II Semana da Prevención, realizou unha xornada no colexio La Milagrosa de Polanco (Cantabria) realizando distintas actividades organizadas por idades.

A xornada comezou cunha charla aos alumnos de 5º e 6º de primaria sobre a Prevención na Escola impartida por Ricardo Alonso, técnico de Prevención de Fraternidad-Muprespa en Cantabria, na que fixo partícipes a todos e cada un dos asistentes.

Seguidamente realizouse a entrega de recoñecemento ao alumno gañador do concurso de pintura de 1º e 2º de primaria e cuxos carteis están expostos durante esta semana no taboleiro do colexio.

Por último Ignacio Carreras, director de Fraternidad-Muprespa en Cantabria, fixo entrega dun diploma á dirección do colexio en agradecemento pola súa colaboración nesta xornada que tivo tan boa acollida tanto polos alumnos coma polos profesores.