---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA ORGANIZOU EN GRAN CANARIA UN ACTO SOBRE O RÉXIME DO TRABALLADOR AUTÓNOMO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organizou-en-gran-canaria-un-acto-sobre-o-rexime-do-traballador"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-organizado-en-gran-canaria-un-acto-sobre-el-regimen-del-trabajador"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-organitzat-gran-canaria-un-acte-sobre-el-regim-del-treballador"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-langile-autonomoaren-erregimenari-buruzko-ekitaldia-antolatu-zuen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-organizou-en-gran-canaria-un-acto-sobre-o-rexime-do-traballador"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA ORGANIZOU EN GRAN CANARIA UN ACTO SOBRE O RÉXIME DO TRABALLADOR AUTÓNOMO



11/03/2016

Recensión de xornada

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, realizou o pasado 10 de marzo unha xornada nas Palmas de Gran Canaria sobre o Réxime profesional e protección social do traballador autónomo.  
   
 D. Carlos Macho, director da Delegación de Gran Canaria, inaugurou o acto agradecendo a todos os asistentes a súa presenza, ademais de recordar a importancia que ten para a Mutua informar os nosos mutualistas.  
   
 A continuación tomou a palabra D. Miguel Ysasi Alfaro, coordinador territorial técnico da Dirección Territorial Sur, quen destacou a importancia que ten o colectivo de traballadores autónomos para [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) e desenvolveu un interesante relatorio, no que expuxo as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afectan ao [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo) e clarificou a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e a aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo de autónomos.  
   
 Unha vez finalizado o relatorio, xerouse un interesante coloquio entre os asistentes e propuxéronse diferentes temáticas de interese para posteriores xornadas.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"