---
title: "FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO CONGRESO E-SANIDAD 2011"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-no-congreso-e-sanidad-2011"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-en-el-congreso-e-sanidad-2011"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-en-el-congreso-e-sanidad-2011"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-2011ko-e-osasuna-kongresuan-parte-hartu-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-no-congreso-e-sanidad-2011"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO CONGRESO E-SANIDAD 2011



21/10/2011

Novedades

Realizado o pasado 19 de outubro en Madrid e organizado pola Fundación Dintel, contou coa asistencia de representantes de diferentes Comunidades Autónomas e hospitais públicos e privados, ademais dunha representación das mutuas de accidentes de traballo.  
 Durante o congreso debateuse o modelo do Sistema Nacional de Saúde, os retos da sanidade actual, e os novos papeis do paciente e o médico 2.0.  
 Clausurou a xornada a directora xeral de Sistemas de Información Sanitaria da Comunidade de Madrid, D.ª Zaida Sampedro, a quen acompañou o subdirector xeral de Sistemas de Información de Fraternidad Muprespa, D. Pedro Serrera Cobos, que interveu co relatorio "Retos e futuro da sanidade".

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"