---
title: "FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO   INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-no-sexto-congreso-internacional-de-prevencion-de-riscos"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-en-el-sexto-congreso-internacional-de-prevencion-de-riesgos"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-en-el-sise-congres-internacional-de-prevencio-de-riscos"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-laneko-arriskuak-prebenitzeko-seigarren-kongresuan-hartuko-du-parte"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participa-no-sexto-congreso-internacional-de-prevencion-de-riscos"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS



22/05/2008

General

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO SEXTO CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A Coruña - [Fraternidad Muprespa](/), participou de xeito especialmente activo no sexto Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais ORP 2008 (siglas de Occupational Risk Prevention), os pasados 14, 15 e 16 de maio no Palacio de Exposicións e Congresos da herculina cidade da Coruña baixo o lema «El compromiso con la prevención:una responsabilidad empresarial».

 O congreso, punto de encontro entre as entidades implicadas en facer prosperar a prevención e a seguridade laboral, busca o fomento no intercambio de avances en materia de [ergonomía](/gl-ES/ergonomia), seguridade, hixiene, medicina laboral, psicosocioloxía, formación e xestión de prevención.

 Neste congreso, en palabras do seu inaugurador José Luis Méndez Romeu (Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza), tívose “a oportunidade de aproximar enfoques, debater, discutir e intercambiar información entre profesionais e científicos, e partes interesadas nestes apaixonantes asuntos” co obxecto de que o congreso servise a modo “de auténtica guía, cal Torre de Hércules, na consecución dunhas condicións de traballo sas, seguras e sostibles”.

 Dentro do marco do congreso no que Fraternidad Muprespa dispuxo do seu propio mostrador, tamén os nosos profesionais tiveron a oportunidade de difundir a súa experiencia, como no caso da Dra. Lucrecia Spuches da delegación de Toledo, co seu traballo "Prevalencia de factores de risco en apnea de soño en camioneiros de mediana e longa distancia" ([Prema aquí para acceder ao póster](#)).