---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA EN HUESCA SOBRE \"APLICACIÓNS PRACTICAS DA REFORMA LABORAL. O PAPEL DAS MUTUAS DE ACCIDENTE NA XESTIÓN DO ABSENTISMO LABORAL\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participou-nunha-xornada-en-huesca-sobre-aplicacions-practicas-da"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-participado-en-una-jornada-en-huesca-sobre-aplicaciones-practicas"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/f-m-ha-participat-en-una-jornada-osca-sobre-aplicacions-practiques-de-la-reforma-laboral"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/f-m-jardunaldi-batean-parte-hartu-du-huescan-gai-honekin-lan-erreformaren-aplikazio"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-participou-nunha-xornada-en-huesca-sobre-aplicacions-practicas-da"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA EN HUESCA SOBRE "APLICACIÓNS PRACTICAS DA REFORMA LABORAL. O PAPEL DAS MUTUAS DE ACCIDENTE NA XESTIÓN DO ABSENTISMO LABORAL"



11/06/2012

Novedades

 A xornada tivo lugar na sede da Confederación Empresarial Oscense (CEOS) de Huesca.  
   
 Tras a presentación da xornada por D. Miguel Almarcegui, director provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Huesca, D. Julio Santos, director do Departamento de Relacións coa Rede, expuxo os aspectos máis controvertidos do [absentismo laboral](/gl-ES/absentismo-laboral) e detallou os mecanismos legais que permiten unha mellor xestión deste, especialmente nas últimas disposicións legais en materia de xestión da [incapacidade temporal](/gl-ES/incapacidade-temporal).   
   
 D. Jesús de Val, profesor titular de Dereito do Traballo da Universidade de Zaragoza, no seu relatorio sobre a reforma laboral, incidiu nos importantes cambios que se están a producir nas Institucións do Dereito do Traballo e da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), resaltando o importante papel que os Graduados Sociais teñen na aplicación destes cambios.  
   
 D. Arturo Sancho, presidente do Colexio de Graduados Sociais moderou unha interesante quenda de rogos e preguntas.  
 Estivo presente no acto D. Luis Periz, vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais de Zaragoza.  
   
 A resposta do colectivo de Graduados Sociais, asesores e empresarios foi numerosa e a xornada pódese cualificar de exitosa.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"