---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA, PRIMEIRA MUTUA ESPAÑOLA EN EURO STOXX 50"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-primeira-mutua-espanola-en-euro-stoxx-50"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-primera-mutua-espanola-en-euro-stoxx-50"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-primera-mutua-espanyola-en-leuro-stoxx-50"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-espainiako-lehen-mutualitatea-euro-stoxx-50en"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-primeira-mutua-espanola-en-euro-stoxx-50"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA, PRIMEIRA MUTUA ESPAÑOLA EN EURO STOXX 50



14/09/2011

Publicaciones

 O próximo 19 de setembro, Inditex, o xigante español, incorporarase ao índice Euro Stoxx, referencia da eurobolsa dende 1998, levando consigo a Fraternidad-Muprespa, Mutua na que confía dende 1987.

 O grupo propietario de Zara, con presenza a nivel mundial con cadeas comerciais de moda como Pull &amp; Bear, Massimo Dutti, Bershka e Stradivarius, entre outras, entrará a formar parte deste índice bolsista europeo substituíndo a Credit Agricole.

 No devandito índice, encóntranse xa 5 empresas españolas, das cales 3 contan con Fraternidad-Muprespa como apoio para os seus traballadores: BBVA, Telefónica e Repsol YPF. Polo tanto, Fraternidad-Muprespa, mutua líder española, pasará a encargarse en 4 das 6 empresas españolas de referencia para Europa, do tratamento integral dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais, tanto no seu aspecto económico coma na prestación de [asistencia sanitaria](/gl-ES/asistencia-sanitaria) e recuperadora.

 Fraternidad-Muprespa, con 82 anos de historia ás súas costas, conta con máis de 300.000 empresas asociadas para dar servizo aos seus máis de 1.200.000 traballadores, co firme compromiso e vontade de ofrecer o mellor servizo, a través dun trato personalizado e profesional.

 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"