---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZA EN BILBAO O TALLER COIDA AS TÚAS COSTAS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-en-bilbao-o-taller-coida-tuas-costas"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-en-bilbao-el-taller-cuida-tu-espalda"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-bilbao-el-taller-tingues-cura-de-lesquena"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-zaindu-zure-bizkarra-izeneko-tailerra-egin-du-bilbon"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-en-bilbao-o-taller-coida-tuas-costas"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZA EN BILBAO O TALLER COIDA AS TÚAS COSTAS



21/12/2015

General

O pasado día 17 de decembro, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa, realizou no centro asistencial de Bilbao o sexto “Taller coida as túas costas”.

O taller foi presentado por Dª Ana Fábregas Sasiáin, directora provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Bilbao, quen deu a benvida a todos os asistentes e os fixo partícipes do especial interese que ten a Mutua en fomentar o coidado das costas e a prevención das lesións músculo-esqueléticas.

O desenvolvemento do taller correu a cargo de Dª Susana Rodríguez Félix, fisioterapeuta de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Bilbao, quen realizou unha exposición sobre as diferentes afeccións da columna e, a continuación, explicou a práctica duns sinxelos exercicios de estiramento e fortalecemento da musculatura das costas, para ter unha correcta hixiene postural.

Clausurou o acto Dª Ana Fábregas Sasiáin, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia e participación no taller.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"