---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZA EN VALENCIA UNHA XORNADA SOBRE OS CRITERIOS DE PRL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-en-valencia-unha-xornada-sobre-os-criterios-de-prl"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-en-valencia-una-jornada-sobre-los-criterios-de-prl"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-valencia-una-jornada-sobre-els-criteris-de-prl"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-laneko-arriskuen-prebentziorako-irizpideei-buruzko-jardunaldia"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-en-valencia-unha-xornada-sobre-os-criterios-de-prl"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZA EN VALENCIA UNHA XORNADA SOBRE OS CRITERIOS DE PRL



16/03/2016

Recensión de xornada

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), realizou o 14 de marzo unha xornada en colaboración coa Asociación Profesional de Asesores Fiscais da Comunidade Valenciana, a Confederación de Organizacións Empresariais da Comunidade Valenciana-CIERVAL, INVASSAT e a Inspección de Traballo, sobre a importancia dos “Criterios Técnicos en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) ante a visita da Inspección de Traballo e do INVASSAT”.  
   
 A sesión iniciouse coa presentación por parte do secretario xeral de CIERVAL, D. Javier López, e o responsable de Formación da Asociación Profesional de Asesores Fiscais da Comunidade Valenciana, D. Victor Martínez, que introduciron a temática que se ía tratar.   
   
 Posteriormente tomaron a palabra D. Antonio Moreno, xefe adxunto da Inspección de Traballo, D. Salvador Puigdengolas, director técnico do INVASSAT, e D. David Balmaseda, técnico superior de [PRL](/gl-ES/prl) da Mutua [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), os cales  realizaron unha profunda disertación mostrando unha visión práctica dende as diferentes entidades oficiais e atraeron a atención dos oíntes cunha ampla participación destes.  
   
 Clausurou a xornada D. Jordi de Vicente, director provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), quen destacou a visión práctica da xornada dende a óptica dos principais axentes.   
   
 Finalmente agradeceu a participación tanto dos diferentes organismos oficiais, coma dos asistentes, e deu por pechado o acto.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"