---
title: "Fraternidad-Muprespa realiza unha xornada sobre “Factor Humano e Prevención\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-unha-xornada-sobre-factor-humano-e-prevencion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-una-jornada-sobre-factor-humano-y-prevencion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-celebra-una-jornada-sobre-factor-huma-i-prevencio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-giza-faktorea-eta-prebentzioa-jardunaldia-antolatu-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realiza-unha-xornada-sobre-factor-humano-e-prevencion"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-celebrates-a-conference-on-human-factor-and-prevention"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa realiza unha xornada sobre “Factor Humano e Prevención"



03/03/2020

Recensión de xornada

Población

Sevilla

 

[Fraternidad-Muprespa](https://www.fraternidad.com/es-ES/fraternidad-muprespa), [Mutua Colaboradora coa Seguridade Social](https://www.fraternidad.com/es-ES/mutua-colaboradora-con-la-seguridad-social), participou na xornada “Factor Humano e Prevención”, organizada polo Centro de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Andalucía.

A xornada foi inaugurada por Lola Jariego, directora Provincial de Fraternidad-Muprespa Sevilla. Nela participou Manuel Lucas Sebastián, que impartiu o relatorio "Factor Humano: Onde Estamos?” e presentou os seus libros Si Fallor, Sum. Error humano y accidentes: Análisis de Factores Humanos y Organizacionales e Errores, equivocaciones y otras complicaciones. Factor humano y seguridad.

Estes libros céntranse en entender o erro humano e os accidentes, analizando en profundidade os denominados factores humanos e organizativos, ademais de como evolucionaron as teorías e modelos principais existentes sobre o factor humano dende unha perspectiva evolutiva, é dicir, observando como foron cambiando co tempo ata o momento actual.

Ambos os dous libros están dispoñibles de xeito gratuíto, tanto en inglés como en español, na web [Centre for Registration por European Ergonomist](https://eurerg.eu/) e na biblioteca dixital de Fraternidad-Muprespa.