---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN LUGO UNHA XORNADA SOBRE A PATOLOXÍA PSIQUIÁTRICA LEVE NO MUNDO LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-lugo-unha-xornada-sobre-patoloxia-psiquiatrica-leve-no"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-lugo-una-jornada-sobre-la-patologia-psiquiatrica-leve"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-lugo-una-jornada-sobre-la-patologia-psiquiatrica-lleu-al"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-lugon-antolatu-du-lan-munduko-patologia-psikiatriko-arinari-buruzko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-lugo-unha-xornada-sobre-patoloxia-psiquiatrica-leve-no"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN LUGO UNHA XORNADA SOBRE A PATOLOXÍA PSIQUIÁTRICA LEVE NO MUNDO LABORAL



05/10/2016

Novedades

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), organizou o día 3 de outubro en Lugo unha xornada sobre a “Patoloxía psiquiátrica leve no mundo laboral”, en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Clínica Santo Domingo.

A xornada foi presentada e moderada polo doutor D. Luis Coira Nieto de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), quen realizou a introdución á xornada e deu paso a un importante e variado grupo de profesionais, vinculados coa xestión desta patoloxía dende os diferentes ámbitos da xestión sanitaria e prestacional.

Tras a intervención de diferentes relatores, entre os que estaban representados os médicos de atención primaria; a inspección do servizo público de saúde; os especialistas vinculados a esta patoloxía (psicólogo e psiquiatra); así como do sector das Mutuas colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), participou o Dr. D. Fernando Mena Babiano, director adxunto do Centro de coordinación asistencial e control de IT da Mutua, quen presentou o tratamento desta patoloxía dende o punto de vista da xestión da [incapacidade temporal](/gl-ES/incapacidade-temporal) por continxencias comúns en España.

Para rematar, produciuse un intenso debate entre os relatores e o público asistente, onde quedou plasmada a complexidade diaria na que se encontran os diferentes profesionais que teñen que atender esta problemática. Ademais, considerou a necesidade de mellorar as canles de comunicación e cooperación entre os diferentes axentes implicados.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"