---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN PINTO UNHA XORNADA SOBRE TRABALLO AUTÓNOMO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-pinto-unha-xornada-sobre-traballo-autonomo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-pinto-una-jornada-sobre-trabajo-autonomo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-pinto-una-jornada-sobre-el-treball-autonom"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-langile-autonomoei-buruzko-jardunaldia-antolatu-du-pinton"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-pinto-unha-xornada-sobre-traballo-autonomo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN PINTO UNHA XORNADA SOBRE TRABALLO AUTÓNOMO



16/02/2016

Recensión de xornada

D. Juan Morales Feliz, director da Delegación de Pinto de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), inaugurou o acto e agradeceu a todos os asistentes a súa presenza coa presentación do relator, os obxectivos da xornada e as particularidades desta.

A continuación, D. Francisco Barroso Jadraque, director provincial adxunto de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Madrid, desenvolveu un interesante relatorio, onde se expuxeron as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afecta o [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo), clarificando a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo que nos ocupa.

Ao cerrar a exposición, xerouse un interesante coloquio, onde se puxeron de manifesto as peculiaridades de cotización e cobertura deste complicado réxime.

D. Juan Morales Feliz tomou de novo a palabra para clausurar a xornada e manifestou a concienciación que ten [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) sobre a importancia do colectivo de traballadores autónomos.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"