---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN SANTA CRUZ DE TENERIFE UNHA XORNADA SOBRE O TRABALLADOR AUTÓNOMO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-santa-cruz-de-tenerife-unha-xornada-sobre-o-traballador"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-santa-cruz-de-tenerife-una-jornada-sobre-el"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-santa-cruz-de-tenerife-una-jornada-sobre-el-treballador"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-langile-autonomoei-buruzko-jardunaldia-antolatu-zuen-santa-cruz"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-santa-cruz-de-tenerife-unha-xornada-sobre-o-traballador"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN SANTA CRUZ DE TENERIFE UNHA XORNADA SOBRE O TRABALLADOR AUTÓNOMO



08/03/2016

Recensión de xornada

O día 8 de marzo, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, realizou unha xornada en Santa Cruz de Tenerife sobre o "Réxime profesional e protección social do traballador autónomo”.  
   
 D. Álvaro Morales Almenara, director provincial da Mutua en Santa Cruz de Tenerife, inaugurou o acto, agradeceu a todos os asistentes a súa presenza e explicou os obxectivos da xornada e as particularidades desta.  
   
 Posteriormente presentou a D. Miguel Ysasi Alfaro, coordinador territorial técnico da Dirección Territorial Sur, quen destacou a importancia que ten o colectivo de traballadores autónomos para [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) e desenvolveu un interesante relatorio, no que expuxo as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afectan ao [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo) e clarificou a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e a aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo de autónomos.  
   
 Ao rematar a exposición xerouse un interesante coloquio e felicitou as mulleres presentes con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.   
   
 D. Álvaro Morales Almenara tomou de novo a palabra para clausurar a xornada e agradeceu a todos os asistentes a súa participación.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"