---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN TRES CANTOS UNHA XORNADA SOBRE O TRABALLADOR AUTÓNOMO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-tres-cantos-unha-xornada-sobre-o-traballador-autonomo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-tres-cantos-una-jornada-sobre-el-trabajador-autonomo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-tres-cantos-una-jornada-sobre-el-treballador-autonom"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-langile-autonomoei-buruzko-jardunaldia-antolatu-du-tres-cantosen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-tres-cantos-unha-xornada-sobre-o-traballador-autonomo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN TRES CANTOS UNHA XORNADA SOBRE O TRABALLADOR AUTÓNOMO



19/01/2016

Recensión de xornada

O pasado xoves 14 de xaneiro, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa realizou na Delegación de Tres Cantos da Mutua unha xornada informativa baixo o título “TRABALLO [AUTÓNOMO](/gl-ES/autonomo): Réxime profesional e protección social”.  
   
 Dª Pilar Valencia, directora da Delegación de Tres Cantos de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), inaugurou o acto e agradeceu a todos os asistentes a súa presenza, no que presentou os seus obxectivos e as súas particularidades.  
   
 A continuación, D. Francisco Barroso, director provincial adxunto de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Madrid, desenvolveu un interesante relatorio, onde se expuxeron as modificacións máis interesantes no articulado lexislativo que afecta o [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo), clarificando a evolución lexislativa, e os matices en canto á interpretación-aplicación da lei e o seu alcance e efectos sobre o colectivo que nos ocupa.  
   
 Como broche á exposición, xerouse un interesante coloquio, onde se puxeron de manifesto as peculiaridades de cotización e cobertura deste Réxime.   
   
 Dª Pilar Valencia tomou de novo a palabra para clausurar a xornada e manifestou a concienciación que ten [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) sobre a importancia do [Traballador Autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo).

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"