---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN ZARAGOZA UNHA XORNADA SOBRE A XESTIÓN DO ACCIDENTE E ENFERMIDADE PROFESIONAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-zaragoza-unha-xornada-sobre-xestion-do-accidente-e"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-zaragoza-una-jornada-sobre-la-gestion-del-accidente-y"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-saragossa-una-jornada-sobre-la-gestio-de-laccident-i-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-laneko-istripu-eta-gaixotasunen-kudeaketari-buruzko-jardunaldia"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-en-zaragoza-unha-xornada-sobre-xestion-do-accidente-e"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU EN ZARAGOZA UNHA XORNADA SOBRE A XESTIÓN DO ACCIDENTE E ENFERMIDADE PROFESIONAL



10/03/2016

Recensión de xornada

O pasado 9 de marzo, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), realizou en Zaragoza unha xornada informativa sobre a xestión integral do [accidente](/gl-ES/accidente) de traballo e a [enfermidade profesional](/gl-ES/enfermidade-profesional).  
   
 A xornada foi conducida por D. José Luis Fernández Medina, técnico superior de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Mutua, quen asesorou os presentes sobre a xestión do [accidente](/gl-ES/accidente) de traballo e fixo fincapé nas obrigas que comporta unha boa xestión para o [empresario](/gl-ES/empresario), a atención ao accidentado, a xestión preventiva, a investigación do [Accidente](/gl-ES/accidente) de Traballo e a análise dos custos que implica á empresa.   
   
 O público asistente estivo composto por persoal de administración, prevención, xestión e mandos intermedios de diversas empresas asociadas a [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), que se mostraron moi interesados.  
  
 Ao finalizar o relatorio, xerouse un interesante debate ao que se sumaron a directora provincial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Zaragoza, Dª Eva Ramón Arbués, e as asesoras técnicas, Dª Belén Lázaro Valero e Dª Olga Moreno Acero.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"