---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN BARCELONA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-de-prevencion-en-barcelona"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-una-jornada-de-prevencion-en-barcelona"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-una-jornada-de-prevencio-barcelona"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-prebentzio-jardunaldi-bat-antolatu-du-bartzelonan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-de-prevencion-en-barcelona"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN BARCELONA



17/02/2016

Recensión de xornada

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), realizou o pasado 10 de febreiro, na aula de formación da Dirección Provincial da Entidade en Barcelona, unha sesión divulgativa sobre os Criterios técnicos en [PRL](/gl-ES/prl) fronte á visita da Inspección de Traballo.

 A sesión iniciouse coa presentación por parte do director provincial de Barcelona, D. Jordi Batalla Canyelles, e foi impartida por D. Oscar Luquin Martí, técnico de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais). A presentación forma parte das accións do programa de actividades preventivas que desenvolve o Departamento de Prevención.

A xornada contou coa asistencia de responsables das áreas de prevención e recursos humanos de distintas empresas asociadas. Nesta expuxéronse os mecanismos de funcionamento da [Inspección de Traballo e Seguridade Social](/gl-ES/inspeccion-de-traballo-e-seguridade-social), así como aspectos e criterios que axuden a interpretar e aplicar a normativa en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais).

Para rematar, o grupo de asistentes formulou cuestións de grande interese para o colectivo asistente.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"