---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN ZARAGOZA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-de-prevencion-en-zaragoza"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-una-jornada-de-prevencion-en-zaragoza"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-una-jornada-de-prevencio-saragossa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-k-prebentzio-jardunaldi-bat-antolatu-du-zaragozan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-de-prevencion-en-zaragoza"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN ZARAGOZA



24/02/2016

Novedades

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) realizou o pasado 23 de febreiro unha sesión divulgativa sobre “A educación preventiva para evitar o sobreesforzo”.

D. José Luis Fernández Medina, técnico de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Mutua expuxo con claridade e en profundidade o concepto do risco específico, así como as medidas preventivas e correctoras para desenvolver no traballo co fin de evitar os sobreesforzos.

A sesión estaba composta por responsables de prevención, xestión, mandos intermedios e por traballadores de diferentes empresas asociadas a [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa). O grupo de asistentes mostrou grande interese e participación.

Ao finalizar, xerouse un animado debate no que participaron Dª Eva Ramón Arbués, directora provincial de Zaragoza de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), e as asesoras técnicas, Dª Belén Lázaro Valero e Olga Moreno Acero.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"