---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA EN TORREJÓN DE ARDOZ SOBRE O RÉXIME DE AUTÓNOMOS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-en-torrejon-de-ardoz-sobre-o-rexime-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-una-jornada-en-torrejon-de-ardoz-sobre-el-regimen-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-una-jornada-torrejon-de-ardoz-sobre-el-regim-dautonoms"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-autonomoen-erregimenari-buruzko-jardunaldia-antolatu-zuen-torrejon"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-en-torrejon-de-ardoz-sobre-o-rexime-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA EN TORREJÓN DE ARDOZ SOBRE O RÉXIME DE AUTÓNOMOS



26/02/2016

Recensión de xornada

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), realizou o día 25 de febreiro unha xornada en Torrejón de Ardoz sobre o "Réxime profesional e protección social do traballador autónomo.

 D. Juan Fraile Bullon, director da Delegación de Torrejón de Ardoz, inaugurou o acto, agradeceu a todos os asistentes a súa presenza e explicou os obxectivos da xornada e as particularidades desta.

 Posteriormente presentou a D. Francisco Barroso Jadraque, director provincial adxunto de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Madrid, quen desenvolveu un interesante relatorio, onde expuxo as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afecta o [traballador autónomo](/gl-ES/traballador-autonomo), clarificando a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo de autónomos. Ao rematar a exposición, xerouse un interesante coloquio, onde se puxeron de manifesto as peculiaridades de cotización e cobertura deste complicado réxime.

 D. Juan Fraile Bullon tomou de novo a palabra para clausurar a xornada e manifestou a importancia que ten o colectivo de traballadores autónomos para [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa).

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"