---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA RECIBE O SELO MADRID EXCELENTE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-recibe-o-selo-madrid-excelente"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-recibe-el-sello-madrid-excelente"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-rep-el-segell-madrid-excelente"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-madril-bikaintasuna-zigilua-jaso-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-recibe-o-selo-madrid-excelente"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA RECIBE O SELO MADRID EXCELENTE



10/03/2016

Recensión de xornada

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), recibiu o selo “Madrid Excelente” pola súa aposta pola innovación e a mellora continua, a confianza dos seus asociados e a contribución activa ao desenvolvemento social.  
   
 Este certificado é a marca do Goberno da Comunidade Madrileña para recoñecer e certificar a calidade e a excelencia en xestión das empresas. Analízase a calidade global das empresas e o investimento dos seus recursos co fin de superarse e mellorar.  
   
 O acto de entrega da distinción tivo lugar o día 10 de marzo na sede central de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Madrid, praza de Cánovas del Castillo, 3.   
   
 Por parte da Mutua estiveron presentes no acto D. Carlos Aranda Martín, [director xerente](/gl-ES/director-xerente), Dª Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación, así como a directora de Calidade, Dª Elena Iglesias Delgado de Torres e Dª Alejandra Polacci, directora xeral de Madrid Excelente.   
   
 Carlos Aranda declarou tras recibir a distinción que “[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) está comprometida no seu camiño cara á Excelencia na xestión e no servizo prestado aos traballadores das nosas empresas mutualistas. A Misión de la Mutua é restablecer a saúde dos traballadores das nosas empresas asociadas e proporcionar as prestacións económicas coa mellor atención e garantía. Estamos orgullosos de que a nosa Entidade fose avaliada satisfactoriamente pola Comunidade de Madrid, nos diferentes criterios de Excelencia, Responsabilidade Corporativa e Confianza dos clientes, o que abrangue a totalidade da nosa organización”.  
   
 Alejandra Polacci deu os parabéns a todos os traballadores que forman [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), porque "son os equipos, os que co seu traballo diario, fan que a Mutua conseguira o selo de Madrid Excelente".   
   
 A Entidade tamén renovou recentemente os Sistemas de Xestión da Calidade e o Sistema de Xestión Ambiental en centros asistenciais.  
   
 A vinculación de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) a Madrid é de 86 anos, pouco despois da súa fundación en 1929. Na década dos 70 empeza a súa expansión e no ano 1973 inaugúrase o seu hospital central sito no paseo da Habana, que nestes momentos se encontra en fase de nova construción, co fin de ofrecer un mellor servizo e unha edificación máis eficiente e de calidade.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"