---
title: "FRATERNIDAD-MUPRESPA RENOVOU O CHÁRTER DA DIVERSIDADE 2015-2017"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-renovou-o-charter-da-diversidade-2015-2017"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-renovado-el-charter-de-la-diversidad-2015-2017"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-renovat-el-charter-de-la-diversitat-2015-2017"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-charter-de-la-diversidad-delakoa-berritu-du-2015-2017-eperako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-renovou-o-charter-da-diversidade-2015-2017"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDAD-MUPRESPA RENOVOU O CHÁRTER DA DIVERSIDADE 2015-2017



01/12/2015

Novedades

O Chárter da Diversidade, é unha carta/código, que representa o compromiso da entidade co seu equipo de persoal, os seus grupos de interese e a poboación nas súas condicións actuais. Por todos é comprensible que o colectivo humano non é homoxéneo, a súa variedade está presente en múltiples aspectos: inmigración, cultura, orientación sexual, relixión e, por suposto, a consolidación da muller no mercado laboral.   
   
 As empresas que voluntariamente se adhiren ao Chárter asumen e subscriben os seguintes principios:

* Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades.
* Avanzar na construción dun equipo de persoal diverso.
* Promover a inclusión ou integración de todas as persoas que pertencen á empresa.
* Ter en conta e considerar a diversidade nas políticas de dirección.
* Fomentar a conciliación entre a vida familiar e laboral.
* Comprender e recoñecer a diversidade da sociedade.
* Transmitir o seu compromiso cara a diversidade dentro da organización, entre os seus grupos de interese, coas institucións, administracións e axentes sociais.
* Desenvolver e reflectir actividades de apoio á non discriminación.
 
A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad Muprespa renovou o seu compromiso de [adhesión](/gl-ES/adhesion) ao Chárter de Diversidade durante o período abranguido entre 2015–2017.   
   
 A través da [adhesión](/gl-ES/adhesion) ao Chárter da Diversidade, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) faise partícipe da necesidade de respectar todos os colectivos por igual, sen discriminacións. Un compromiso de aceptación cara a todos os grupos sociais como suxeitos que compoñen a sociedade e polo tanto interrelacionándose con eles en igualdade.   
   
 A [adhesión](/gl-ES/adhesion) ao Chárter é froito das accións e políticas que a Mutua realiza no marco do Plan de Igualdade e [Responsabilidade Social](/gl-ES/responsabilidade-social) Corporativa.

   
 " A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"