---
title: "Fraternidad-Muprespa xa dispón dos calendarios laborais para 2023"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2022-11-30"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-xa-dispon-dos-calendarios-laborais-para-2023"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ya-dispone-de-los-calendarios-laborales-para-2023"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ja-disposa-dels-calendaris-laborals-al-2023"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-prest-ditu-2023rako-lan-egutegiak"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-xa-dispon-dos-calendarios-laborais-para-2023"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-now-has-the-work-calendars-for-2023"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa xa dispón dos calendarios laborais para 2023



29/11/2022

General

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), un ano máis invítao a descargar os calendarios laborais para o vindeiro 2023, correspondentes ás dezasete comunidades autónomas e ás Cidades de Ceuta e Melilla, que poñemos á súa disposición nas catro linguas oficiais.

Estes calendarios son totalmente personalizables, con horarios de inverno e de verán, o convenio da súa aplicación, festivos locais ou establecidos por acordo. Como o ano pasado, ten a posibilidade de incorporar o seu logotipo.

Pode incluír os calendarios na axenda do seu ordenador, teléfono móbil ou tableta.

lembre antes de imprimir:

* Revisar que todos os datos sexan correctos.
* Utilizar papel reciclado ou xa usado por un dos seus lados.

Comprobar a calidade de impresión, pois non é imprescindible a cor ou unha alta impresión.

Deste xeito, estará a colaborar coa conservación do medio ambiente.

[![calendario]()](https://www.fraternidad.com/es-ES/calendario-laboral-y-festivos-2023)