---
title: "FRATERNIDADE MUPRESPA INAUGURA NO PARQUE DAS CIENCIAS DE GRANADA A EXPOSICIÓN \"TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidade-muprespa-inaugura-no-parque-das-ciencias-de-granada-exposicion-traballo-e"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-inaugura-en-el-parque-de-las-ciencias-de-granada-la-exposicion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-inaugura-al-parc-de-les-ciencies-de-granada-lexposicio-treball-i"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-trabajo-y-salud-desde-la-proteccion-la-prevencion-erakusketa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidade-muprespa-inaugura-no-parque-das-ciencias-de-granada-exposicion-traballo-e"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FRATERNIDADE MUPRESPA INAUGURA NO PARQUE DAS CIENCIAS DE GRANADA A EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"



11/05/2010

General

  
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, do Ministerio de Traballo e Inmigración, a Fundación Francisco Largo Caballero, xunto coa nosa Mutua, Fraternidade Muprespa, organizaron esta exposición que percorrerá preto de 20 cidades españolas nos próximos dous anos.

O día 11 de Maio pasado quedou inaugurada a Exposición "Traballo e Saúde. Dende a protección á prevención", nun espazo reservado para esta no complexo do Parque das Ciencias da cidade de Granada.

 O Director do Parque presentou o acto, dando a benvida aos organizadores e felicitando a iniciativa e a coincidencia cun dos obxectivos da institución, que mantén un pavillón permanente dedicado á prevención.

 A continuación interviñeron o Presidente da Fundación Francisco Largo Caballero, Don Jesús Pérez, o Comisario da Exposición Don Emilio Castejón, a Directora do INSHT, Dona Concepción Pascual e o Director Xerente de Fraternidade Muprespa, Don Carlos Aranda.

 A Exposición manterase en Granada ata o próximo mes de Setembro, dende onde pasará a instalarse en Albacete, e ten previsto percorrer preto de vinte cidades españolas.

 Consta de seis seccións que percorren diversas etapas históricas das condicións de traballo, a mobilización dos traballadores pola mellora das devanditas condicións, a evolución da lexislación nesta materia e o coidado e a [vixilancia da saúde](/gl-ES/vixilancia-da-saude). Todo [iso](/gl-ES/iso) no noso país.

 Os 286 documentos, 71 obxectos, 129 fotografías, máis de corenta reproducións de gravados e carteis e escenas de traballo, acompañados de textos explicativos, ocupan máis de catrocentos metros cadrados. Un DVD de 17 minutos e catro de 3-5 minutos, complementan visualmente o percorrido.

 Editouse un libro no que colaboran 17 especialistas e proximamente se poñerá en funcionamento unha páxina web que se manterá actualizada ao longo de todo o percorrido da mostra.

 Así mesmo nas distintas localidades do percorrido celebraranse conferencias de expertos relacionados co tema e coas actividades laborais máis relevantes da zona.

 Á inauguración asistiu persoal da Delegación Territorial de Andalucía e da Delegación de Granada de Fraternidade Muprespa, así como o Subdirector de Recursos Humanos e Prevención e o Subdirector de Coordinación.

---

Datos do evento:

| Motivo: | INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN". |
|---|---|
| Data: | Martes, 11 de maio de 2010. |
| Lugar: | Avda. da Ciencia, s/n, 18006. Granada. |



   
 [Enlace](http://www.parqueciencias.com/exposiciones/trabajoSalud/)Ir á Web do Parque das ciencias   
   
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"