---
title: "FUTURO HOSPITAL CENTRAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA REUNIÓN DIVULGATIVA CELEBRADA EN MADRID"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/futuro-hospital-central-de-fraternidad-muprespa-reunion-divulgativa-celebrada-en-madrid"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/futuro-hospital-central-de-fraternidad-muprespa-reunion-divulgativa-celebrada-en-madrid"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/futur-hospital-central-de-fraternidad-muprespa-reunio-divulgativa-celebrada-madrid"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-mupresparen-etorkizuneko-ospitale-nagusia-dibulgaziozko-bilera-madrilen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/futuro-hospital-central-de-fraternidad-muprespa-reunion-divulgativa-celebrada-en-madrid"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# FUTURO HOSPITAL CENTRAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA REUNIÓN DIVULGATIVA CELEBRADA EN MADRID



16/12/2016

Novedades

O pasado 14 de decembro, Fraternidad-Muprespa Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), celebrou na dirección provincial de Madrid, unha reunión divulgativa sobre o proxecto do novo hospital de Madrid.  
  
A presentación correu a cargo da directora provincial da Mutua en Madrid, Mª Carmen Rueda Hernández quen, tras dar a benvida aos asistentes e agradecerlles a súa presenza, deu paso a Elena López Eusebio, xerente do Hospital Central de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), quen expuxo os avances do proxecto do Hospital Central.  
  
Posteriormente, Eva Martín Peñalver, directora provincial adxunta de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Madrid, presentou unha mesa redonda na que os participantes achegaron animadamente a súa visión acerca deste proxecto, valorando de xeito moi positivo o noso interese por escoitar a súa opinión.  
  
O acto contou coa presenza de representantes de importantes empresas como Real Force, Real Madrid, Instituto Geológico y Minero, CIS-Compañía Integral de Seguridad e o Grupo CLH.

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"