---
title: "GRAN DEBATE SOBRE CONSTRUCIÓN SANITARIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/gran-debate-sobre-construcion-sanitaria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/gran-debate-sobre-construccion-sanitaria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/gran-debat-sobre-construccio-sanitaria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/osasun-eraikuntzari-buruzko-eztabaida-handia"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/gran-debate-sobre-construcion-sanitaria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# GRAN DEBATE SOBRE CONSTRUCIÓN SANITARIA



07/10/2016

Novedades

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade, participou o día 5 de outubro en Madrid no “Gran debate de construción e xestión sanitaria” que organizou o Grupo Vía.  
   
 D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información e Servizos de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), interveu cun relatorio titulado "Certificación LEED do Hospital do Paseo da Habana".  
   
 No seu relatorio, describiu o modelo LEED (Leadership in Energy and Environmental Design), que recoñece a excelencia no deseño e construción de edificios dende un punto de vista ambiental e de eficiencia enerxética. [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) aspira a certificar o novo hospital que está a construír en Madrid e convertelo na maior referencia LEED na categoría hospitalaria do noso país.  
   
 Ademais, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) pretende que o futuro hospital sexa innovador en atención, información e equipamento; accesible, para o cal está a traballar co modelo DIGA (Distintivo Indicador do Grao de Accesibilidade); seguro para os pacientes, acompañantes e profesionais en todos os ámbitos; funcional, polo deseño dos seus servizos; moderno, cun uso intensivo das tecnoloxías da información e as comunicacións, á vez que na prestación dos servizos; e certificado en distintos sistemas de xestión e, por suposto, en LEED.  
   
 A xornada contou coa presenza doutros profesionais tanto no ámbito da xestión coma do ámbito da construción, coa presenza de diferentes estudios de arquitectura, o que xerou un animado debate.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"