---
title: "INAUGURACIÓN EN ALBACETE DA SEGUNDA FASE DA EXPOSICIÓN ITINERANTE \"TRABAJO Y SALUD. DESDE LA PROTECCIÓN A LA PREVENCIÓN\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/inauguracion-en-albacete-da-segunda-fase-da-exposicion-itinerante-trabajo-y-salud-desde-la"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/inauguracion-en-albacete-de-la-segunda-fase-de-la-exposicion-itinerante-trabajo-y-salud"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/inauguracio-albacete-de-la-segona-fase-de-lexposicio-itinerant-treball-i-salut-des-de-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/lana-eta-osasuna-babesetik-prebentziora-erakusketa-ibiltariaren-bigarren-fasearen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/inauguracion-en-albacete-da-segunda-fase-da-exposicion-itinerante-trabajo-y-salud-desde-la"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# INAUGURACIÓN EN ALBACETE DA SEGUNDA FASE DA EXPOSICIÓN ITINERANTE "TRABAJO Y SALUD. DESDE LA PROTECCIÓN A LA PREVENCIÓN"



15/10/2010

General

 O pasado 8 de outubro [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e a Fundación Largo Caballero inauguraron a segunda fase da exposición "Trabajo y Salud, desde la Protección a la Prevención," cuxo obxectivo é o de ofrecer unha panorámica histórica das condicións laborais e o coidado da saúde dos traballadores.  
   
 O espazo onde se sitúa a exposició, é a Delegación da Xunta de Castela-A Mancha (antiga Fábrica de Fariñas) de Albacete. A Exposición estará aberta ao público ata o próximo 20 de novembro.  
   
 Á inauguración, asistiron a Conselleira de Emprego, Igualdade e Xuventude de Castela-A Mancha, María Luz Rodríguez, a Alcaldesa de Albacete Carmen Oliver, a directora do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, Concepción Pascual, o Presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez e o Comisario da exposición Emilio Castejón. En representación de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) asistiron ao evento os Subdirectores Xerais, Manuel Gómez de Zamora e Pedro Oya, a Directora de Prevención de [AT](/gl-ES/at) e [EP](/gl-ES/ep), Mar Morales, o Director Territorial de Castela - A Mancha, Alberto Serna e a Delegada de Almansa, Amparo Cuenca.  
   
 A cidade de Albacete foi elixida como unha das [sedes](/gl-ES/sedes) da exposición, entre outras razóns, pola ampla presenza de empresas asociadas a [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Castela-A Mancha, alcanzando un total de 27.297 empresas e un colectivo protexido de 82.259 traballadores.

   
---

 Datos do evento:

| Motivo: | INAUGURACIÓN EN ALBACETE DA SEGUNDA FASE DA EXPOSICIÓN |
|---|---|
| Data: | Venres, 8 de outubro de 2010. |
| Lugar: | Paseo de la Cuba, 27 (Antiga Fábrica de Fariñas). Albacete. |



   
 [Descargar](;)  Tríptico de presentación da exposición   
 [Acceder](http://maps.google.com/maps?key=ABQIAAAAABgdEhcTCte1lw_UxDbyMhTEFVoNkokuHy0LDM3BvQsFLP48_xSRQYmvQNYIIrZoTNC4H4_IV4ZFAQ&mapclient=jsapi&ie=UTF8&ll=39.003113,-1.857845&spn=0.000692,0.002411&t=h&z=19&layer=c&cbll=39.003112,-1.857845&panoid=FcUSXKxFT3Vae7rwlccj9Q&cbp=11,234.88,,0,-3.91) Situación da exposición   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"