---
title: "INAUGURACIÓN EN BILBAO DA EXPOSICIÓN \"TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/inauguracion-en-bilbao-da-exposicion-traballo-e-saude-dende-proteccion-prevencion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/inauguracion-en-bilbao-de-la-exposicion-trabajo-y-salud-desde-la-proteccion-la-prevencion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/inauguracio-bilbao-de-lexposicio-trabajo-y-salud-desde-la-proteccion-la-prevencion"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/lana-eta-osasuna-babesetik-prebentziora-erakusketa-inauguratu-dute-bilbon"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/inauguracion-en-bilbao-da-exposicion-traballo-e-saude-dende-proteccion-prevencion"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# INAUGURACIÓN EN BILBAO DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"



21/01/2011

General

O pasado 11 de xaneiro o [Director Xerente](/gl-ES/director-xerente) da Mutua D. Carlos Aranda inaugurou en Bilbao a exposición "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención". Esta é a terceira cidade por onde pasa esta mostra itinerante e estará alí ata o vindeiro 4 de febreiro no edificio Ensanche.

Destacamos a presenza da Secretaria de Estado de Emprego, Mª Luz Rodríguez coa presenza da conselleira vasca de emprego, Gemma Zabaleta e o Alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna, entre outros.

 A Secretaría de Estado destacou que esta mostra reflexa "as conquistas históricas do movemento obreiro na loita diaria dos traballadores para que a vida e a saúde dos traballadores fosen tidas en conta no proceso produtivo".

 A exposición organizada pola Fundación Largo Caballero, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e [Fraternidad Muprespa](/) fai unha reflexión sobre a evolución das condicións de traballo e o coidado dos traballadores durante o último século.

---

 Datos do evento:

| Motivo: | Inauguración en Bilbao da exposición "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención". |
|---|---|
| Data: | Dende o martes 11 de xaneiro de 2011, ata o venres 4 de febreiro de 2011 |
| Lugar: | Atrio Edificio Ensanche. Plaza Ensanche, 11 48009. Bilbao |
| Proximamente: | Museo de León. Plaza de Santo Domingo, 8. 24002. León (7 de febreiro ao 20 de marzo) |



   
 [Acceder](http://www.expotrabajoysalud.com) EXPOTRABAJOYSALUD.ES   
 [Ligazón](http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=Plaza+Zabalgune,+11.+bilbao&aq=&sll=43.263613,-2.930989&sspn=0.0105,0.01929&g=Plaza+Zabalgune+,+11.+bilbao&ie=UTF8&hq=&hnear=Zabalgune+Plaza,+11,+48009+Bilbao,+Vizcaya,+Pa%C3%ADs+Vasco&ll=43.2638,-2.930989&spn=0.002625,0.004823&t=h&z=18) Localización do evento   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"