---
title: "Infografía y Dosier de Fraternidad-Muprespa como ayuda para planificar la vuelta al trabajo"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2023-10-10"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/infografia-y-dosier-de-fraternidad-muprespa-como-ayuda-para-planificar-la-vuelta-al"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/infografia-y-dosier-de-fraternidad-muprespa-como-ayuda-para-planificar-la-vuelta-al"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/infografia-i-dossier-de-fraternidad-muprespa-com-ajuda-planificar-la-tornada-la-feina"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateko-infografia-eta-dosierra-lanera-itzultzea-planifikatzeko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/infografia-y-dosier-de-fraternidad-muprespa-como-ayuda-para-planificar-la-vuelta-al"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-infographic-and-dossier-to-help-you-plan-your-return-to-work"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Infografía y Dosier de Fraternidad-Muprespa como ayuda para planificar la vuelta al trabajo



14/04/2020

Novedad

Infografía e Informe de Fraternidad-Muprespa como axuda para planificar a volta ao traballo

[Fraternidad-Muprespa](https://www.fraternidad.com/es-ES/empresa) preparou dentro dos seus contidos específicos dedicados ao coronavirus no seu portal web [Previene](https://www.fraternidad.com/es-ES/previene) un novo espazo titulado: ["10 consellos breves para planificar a volta ao traballo"](https://www.fraternidad.com/es-ES/10-consejos-breves-para-planificar-la-vuelta-al-trabajo).

O obxectivo é axudar aos nosos mutualistas que teñan que reiniciar a súa actividade unha vez finalizado o permiso retribuído obrigatorio, producíndose a volta das actividades non consideradas como esenciais que o Goberno decidiu hibernar no decreto aprobado o pasado 29 de marzo, principalmente a construción e o sector industrial, volvendo así ao escenario inicial do estado de alarma.

Dende a nosa Mutua elaboramos unha nova infografía e un informe titulados: "10 consellos breves para planificar a volta ao traballo". Con estes documentos queremos axudar ás nosas empresas que reinicien a súa actividade a procurar unha volta segura ao traballo, fundamentalmente naquelas que non dispoñan de [Servizo de Prevención](/gl-ES/servizo-de-prevencion), xa que estes servizos, e o resto de modalidades preventivas das empresas, determinarán as medidas necesarias para traballar en condicións seguras. Para a súa elaboración utilizouse como referencia o documento elaborado polo Ministerio de Sanidade: "Guía de boas prácticas nos centros de traballo".

[Fraternidad-Muprespa](https://www.fraternidad.com/es-ES/empresa), como [Mutua Colaboradora coa Seguridade Social](https://www.fraternidad.com/es-ES/mutua-colaboradora-con-la-seguridad-social), quere axudarche na xestión diaria da crise e, por iso, ofrecémosche toda a información actualizada a ámbito lexislativo, así como as guías de actuación e procedementos preventivos sobre a COVID-19 procedentes de fontes e organismos oficiais que pode resultarche de utilidade coñecer nestes momentos.

Ademais propoñémosche o noso: "Desafío #QuédateEnCasaFM", xa que mentres dure o confinamento queremos ofrecerche información audiovisual para axudarche a seguir coidando da túa saúde con tres retos nos que che damos información sobre benestar psicolóxico, exercicio físico e alimentación. [Consulta aquí toda a información.](https://www.fraternidad.com/es-ES/desafio-quedateencasafm)