---
title: "Información actualizada para autónomos sobre a prestación CATA.COVID-19"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/informacion-actualizada-para-autonomos-sobre-prestacion-catacovid-19"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/informacion-actualizada-para-autonomos-sobre-la-prestacion-catacovid-19"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/informacio-actualitzada-autonoms-sobre-la-prestacio-catacovid-19"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/autonomoentzako-informazio-eguneratua-catacovid-19-prestazioari-buruz"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/informacion-actualizada-para-autonomos-sobre-prestacion-catacovid-19"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/updated-information-for-self-employed-workers-on-the-cata-covid-19-benefit"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Información actualizada para autónomos sobre a prestación CATA.COVID-19



07/05/2020

Normativa

A prestación extraordinaria por Cesamento de Actividade para os autónomos xera e segue xerando moitas cuestións para os solicitantes desta, por este motivo, Fraternidad-Muprespa quere responder ás súas dúbidas do mellor xeito posible e axustado a dereito. Para tal efecto, realizamos un documento onde se recollen os principais supostos formulados.

As preguntas máis repetidas son as referentes á data de efectos da prestación, a duración e a compatibilidade ou incompatibilidade da devandita prestación extraordinaria de cesamento de actividade por COVID-19 co reinicio ou mantemento da actividade profesional ou con outras prestacións.

A respecto de ata cando se estenderá a prestación, o artigo 17.4 do Real decreto lei 8/2020 é claro ao establecer que “ata o último día do mes no que finalice o estado de alarma, no suposto de que este se prorrogue e teña unha duración superior ao mes”.

Os autónomos beneficiarios da prestación, que poidan abrir o seu negocio ao inicio da desescalada, seguirán percibíndoa ata o último día do mes en que finalice o estado de alarma. A axuda busca protexer a [falta](/gl-ES/falta) de ingresos dos autónomos nesta situación excepcional e contribuír á supervivencia do seu negocio.

Tamén, no caso de que presentara a solicitude de prestación CATA.COVID-19 e non desexa continuar co trámite, indicámoslle como proceder á renuncia ou desistencia.

O [artigo 17 do RDL 8/2020](https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-3824&tn=1&p=20200506#a1-9), polo que se regula esta nova prestación CATA.COVID-19, admite diferentes interpretacións e, por [iso](/gl-ES/iso), se elevou a consulta á Dirección Xeral de Ordenación da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) ([DGOSS](/gl-ES/dgoss)), órgano do que dependen as Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), co fin de dar unha resposta o máis axustada ás súas cuestións.

Unha vez recibida a resposta do órgano competente ás cuestións formuladas e aclarando aspectos controvertidos ata o momento, a Mutua ofrécelle un documento que pode descargar dende [aquí](/download/informacion-relacionada-con-la-nueva-prestacion-extraordinaria-de-cese-de-actividad-por) e que esperamos resolva as súas dúbidas.