---
title: "José Ramón Blázquez fálanos en Podcast FM das Relacións Institucionais: a diplomacia da empresa"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/jose-ramon-blazquez-falanos-en-podcast-fm-das-relacions-institucionais-diplomacia-da"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/jose-ramon-blazquez-nos-habla-en-podcast-fm-de-las-relaciones-institucionales-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/jose-ramon-blazquez-ens-parla-podcast-fm-de-les-relacions-institucionals-la-diplomacia-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/jose-ramon-blazquezek-podcast-fm-n-hitz-egingo-digu-erakunde-harremanak-enpresaren"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/jose-ramon-blazquez-falanos-en-podcast-fm-das-relacions-institucionais-diplomacia-da"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/jose-ramon-blazquez-talks-to-us-on-the-fm-podcast-about-institutional-relations-company-diplomacy"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# José Ramón Blázquez fálanos en Podcast FM das Relacións Institucionais: a diplomacia da empresa



02/10/2020

Publicaciones

Como seres sociais que somos, na nosa natureza está a necesidade de relacionarnos, tanto a ámbito persoal coma colectivo. Empresas, organizacións, asociacións, institucións... calquera grupo establece relacións coas que defende os seus intereses, cimenta as súas necesidades e define as súas estratexias. Niso consisten as Relacións Institucionais. Para coñecer ese ámbito dentro de Fraternidad-Muprespa, recorremos a José Ramón Blázquez, xefe desa área dende 2014.

“A importancia das RR. II. radica en que son relacións que nos transcenden como individuos, porque existen con independencia das persoas concretas e porque afectan á esencia das entidades. As persoas relacionámonos comunicándonos, por [iso](/gl-ES/iso), a área intégrase no departamento de Comunicación, que en Fraternidad-Muprespa se chama precisamente así, de Comunicación e RR. II.”, explica José Ramón Blázquez.

O traballo deste departamento realízase cumprindo coas normas do Plan Director de RR. II. que aprobou o Comité de Dirección, para marcar as directrices que se aplicarán nas accións institucionais en toda a organización. E faino sobre a base de tres premisas básicas: cumprimento estrito das instrucións da Dirección Xeral de Ordenación da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), a implicación de todas as unidades da mutua, especialmente da rede territorial, e a versatilidade, fundamental nos tempos actuais, nos que hai que recorrer a ferramentas de comunicación virtual.

A materialización deste traballo son os acordos de colaboración asinados para fomentar a devandita actividade institucional. Na actualidade, Fraternidad-Muprespa mantén activos máis de 40 con institucións de diversa natureza, sempre co obxectivo común de axudar a difundir o papel das Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social). Ademais, tamén se encargan da realización de actividades e eventos corporativos, como inauguracións de centros, actos de recoñecemento BONUS... aínda que os tres máis importantes son a [Xunta Xeral](/gl-ES/xunta-xeral), a Reunión Anual e o acto de entrega dos Premios Escolástico Zaldívar.

“En todos eles, a dedicación do equipo é máxima”, explica Blázquez, que engade que tamén participan outras unidades, como o Centro de Asesoría e Servizos Xurídicos ou o Departamento de Sistemas. Dende a preparación, busca de espazos, de relatores, convidados e convites, difusión previa e, por fin, a celebración mesma, para rematar coa difusión do evento e da información xerada.

José Ramón Blázquez resumiu tamén como afectou o COVID-19 ás relacións institucionais. "É indubidable que está a producir efectos en todos os sectores e modifica a nosa forma de traballar e relacionarnos. No terreo dos eventos, o impacto foi brutal, pero a tecnoloxía e o proceso de evolución e transformación dixital no que está inmersa a Mutua permitiunos encontrar fórmulas tecnolóxicas alternativas para atender as nosas necesidades. Tamén o uso de Internet e as RR. SS. permitiu salvar as barreiras comunicativas”.

Malia que as cifras de eventos dixitais en Fraternidad-Muprespa son modestas aínda, a área de RR. II. prevé que o crecemento se manterá a curto prazo, aínda que, como explica o responsable “no mundo das RR. II., a cantidade adoita estar disputada coa calidade e, en moitos casos, hai accións que non necesitan da calor dos focos para alcanzar a súa plena eficacia, máis ben todo o contrario. A discreción das Relacións Institucionais é unha norma de obrigado cumprimento”.