---
title: "Mi Frater Paciente, a APP de Fraternidad-Muprespa"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mi-frater-paciente-app-de-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/mi-frater-paciente-la-app-de-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/mi-frater-paciente-lapp-de-fraternidad-muprespa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/mi-frater-paciente-fraternidad-muprespa-mutualitatearen-aplikazioa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mi-frater-paciente-app-de-fraternidad-muprespa"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/my-frater-patient-the-fraternidad-muprespa-app"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Mi Frater Paciente, a APP de Fraternidad-Muprespa



17/03/2020

General

Mi Frater Paciente é unha aplicación para dispositivos móbiles de uso exclusivo para traballadores protexidos por Fraternidad-Muprespa. Dende ela pódense facer consultas de xeito doado e sinxelo, tanto de aspectos sanitarios como administrativos.

Tamén permite realizar diversos trámites e xestións, como enviar partes de baixa, documentación para a solicitude de prestacións, informes médicos, visualizar e descargar as imaxes médicas ou os informes de probas diagnósticas, entre outros.

Ademais, grazas a Mi Frater Paciente, os traballadores poden:

* Localizar o centro de Fraternidad-Muprespa máis próximo á súa localización.
* Recordar as próximas citas médicas.
* Coñecer en detalle toda a información da prestación económica de incapacidade temporal, prestación por risco durante o embarazo e a lactación, cesamento de actividade de traballadores autónomos ou coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
* Descargar o certificado de retencións e ingresos á conta do IRPF polas prestacións económicas percibidas.
* Consultar os procesos asistenciais en Fraternidad-Muprespa.
* Acceder a material audiovisual con recomendacións e exercicios personalizados.
* Enviar a Fraternidad-Muprespa documentación relacionada co proceso médico do paciente (partes médicos, informes, xustificantes etc.).

Pode descargar a aplicación nas seguintes ligazóns:

![Mi Frater Paciente]()[![Mi Frater Paciente está dispoñible en Apple Store]()](https://apps.apple.com/es/app/mi-frater-paciente/id1157366983)[![Mi Frater Paciente está dispoñible en Google Play]()](https://play.google.com/store/apps/details?id=com.fraternidad.app.ext.mifrater.paciente)