---
title: "A MUTUA FM PARTICIPOU NO \"III CURSO BÁSICO SOCIEDADE ESPAÑOLA DE TRAUMATOLOXÍA LABORAL SOBRE A PATOLOXÍA DO RAQUE\""
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fm-participou-no-iii-curso-basico-sociedade-espanola-de-traumatoloxia-laboral-sobre"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fm-ha-participado-en-el-iii-curso-basico-sociedad-espanola-de-traumatologia"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fm-ha-participat-en-el-iii-curs-basic-societat-espanyola-de-traumatologia-laboral"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fm-mutualitateak-bizkarrezurreko-patologiari-buruzko-oinarrizko-iii-ikastaroa-laneko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fm-participou-no-iii-curso-basico-sociedade-espanola-de-traumatoloxia-laboral-sobre"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FM PARTICIPOU NO "III CURSO BÁSICO SOCIEDADE ESPAÑOLA DE TRAUMATOLOXÍA LABORAL SOBRE A PATOLOXÍA DO RAQUE"



14/06/2012

Novedades

 O pasado 9 de xuño celebrouse en Sevilla o III Curso Básico Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral sobre a Patoloxía do Raque no Medio Laboral.  
   
 No curso participaron cualificados profesionais da traumatoloxía laboral das principais Mutuas de Accidentes de Traballo.  
 Destacou o relatorio presentado polo Dr. Andrés Molina médico da Dirección Provincial de Sevilla de Fraternidad-Muprespa, sobre un traballo realizado co Dr. Adolfo Mares, director médico provincial da Mutua.  
 Explicou como establecer criterios para a determinación de continxencia en accidentes laborais, onde debe existir un [accidente](/gl-ES/accidente)-incidente cunhas características determinadas, unha relación directa entre o mecanismo e as lesións, existir lesión aguda e en caso de PANOTRATTS deben ter como causa exclusiva o traballo.

 Posteriormente, estes criterios aplicáronse nun estudo prospectivo, baseado en pacientes que acoden a urxencias solicitando asistencia por dorso-lumbalxia que consideran de orixe laboral.

 Este estudo foi realizado durante o período dun ano no Centro Asistencial de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) en Sevilla.  
   
 O curso tivo unha nutrida asistencia de profesionais da sanidade.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"