---
title: "A MUTUA FM PRESENTA OS RESULTADOS DA ENQUISA REALIZADA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fm-presenta-os-resultados-da-enquisa-realizada-con-motivo-da-celebracion-do-dia"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fm-presenta-los-resultados-de-la-encuesta-realizada-con-motivo-de-la-celebracion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fm-presenta-els-resultats-de-lenquesta-feta-amb-motiu-de-la-celebracio-del-dia"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fm-mutualitateak-ingurumenaren-nazioarteko-eguna-dela-eta-egindako-galdeketaren-emaitzak"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fm-presenta-os-resultados-da-enquisa-realizada-con-motivo-da-celebracion-do-dia"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FM PRESENTA OS RESULTADOS DA ENQUISA REALIZADA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE



20/06/2012

Novedades

 Con motivo da celebración do Día Mundial do Ambiente do pasado 5 de xuño, Fraternidad-Muprespa, no seu portal Web corporativo incluíu dúas enquisas cos seguintes temas e resultados:

 ENERXÍA SOSTIBLE TAMÉN NAS EMPRESAS

 Este ano 2012 está declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, e a maioría das persoas que participaron na enquisa teñen claro o concepto do que é a enerxía sostible.

 A «enerxía sostible» é aquela enerxía que se produce e se usa de forma que apoie a longo prazo o desenvolvemento humano no ámbito social, económico e ecolóxico.

 REDUCINDO O CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS ENTRE TODOS

 Grazas á súa participación, coñecemos que no 41% das empresas se implantou unha política de redución do consumo de recursos naturais, reducindo o uso de papel, ou utilizándose de xeito responsable a auga e a electricidade.

 Colaboremos entre todos para que nos centros de traballo, os nosos hábitos responsables co ambiente se sumen e aumenten a devandita porcentaxe.

   
 Agradecémoslle o tempo que dedicou a cubrir as enquisas e invitámolo a participar en futuras ocasións.

   
   
 [VER ENQUISA](/encuesta.aspx?idEn=7)  ¿QUE ENTENDE VOSTEDE POR ENERXÍA SOSTIBLE?   
 [VER ENQUISA](/encuesta.aspx?idEn=8)  ¿SABE SE A SÚA EMPRESA IMPLANTOU UNHA POLÍTICA DE REDUCIÓN DE CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS (PAPEL, AUGA, ELECTRICIDADE....)?   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"