---
title: "A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SORIA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-celebrou-en-soria-unha-xornada-informativa-sobre-os-aspectos"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-soria-una-jornada-informativa-sobre-los"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrat-soria-una-jornada-informativa-sobre-els-aspectes"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-lan-merkatuko-erreformaren-funtsezko-alderdiei-1"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-celebrou-en-soria-unha-xornada-informativa-sobre-os-aspectos"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SORIA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL



07/05/2012

Novedades

 O pasado 3 de Maio, a Mutua Fraternidad-Muprespa, celebrou, xunto ao Colexio Oficial de Graduados Sociais de Soria, unha xornada informativa sobre "Os Aspectos críticos do Real decreto lei 3/2012 de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral". Dª. Carmen Rubio Valero, directora provincial de Soria de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), realizou a apertura e presentación da xornada.

 A xornada proseguiu cun relatorio que realizou D. Rafael López Parada, maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-León. Esta resultou de grande interese para os alí presentes.

 D. Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede, moderou o debate que se suscitou tras esta, afondando ante as dúbidas que formularon os asistentes.

 Clausurou a xornada, D. Joaquín García Bravo, presidente do Colexio de Graduados Sociais de Soria, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia ao evento

 O acto congregou uns 100 profesionais, entre colaboradores, empresas, graduados sociais e institucións, dos máis importantes da provincia.