---
title: "A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA COLABOROU CON CC.OO. NUNHA XORNADA REALIZADA EN ARANJUEZ"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-colaborou-con-ccoo-nunha-xornada-realizada-en-aranjuez"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-colaborado-con-ccoo-en-una-jornada-celebrada-en-aranjuez"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-collaborat-amb-ccoo-en-una-jornada-celebrada-aranjuez"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ccoorekin-lankidetzan-aritu-da-aranjuezen-egindako-jardunaldi-batean"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-colaborou-con-ccoo-nunha-xornada-realizada-en-aranjuez"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA COLABOROU CON CC.OO. NUNHA XORNADA REALIZADA EN ARANJUEZ



23/10/2015

Novedades

O pasado 16 de outubro, tivo lugar na sede de CC.OO. de Aranjuez unha xornada sobre “Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social)" dirixida aos delegados de Prevención do sindicato na zona de influencia de Aranjuez. A xornada está inserida no IV Plan Director de Prevención de Riscos Laborais da Comunidade de Madrid.

Por parte das mutuas colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) participaron D. José Andrés Suárez Díez, director técnico rexional de Fremap Madrid ,quen comentou a xestión das continxencias profesionais nas mutuas.

Fraternidad-Muprespa participou cun relatorio desenvolvido por D. Julio Santos Palacios, director do Departamento do Defensor do [Mutualista](/gl-ES/mutualista), sobre a “Xestión da [Incapacidade Temporal](/gl-ES/incapacidade-temporal) por Continxencias Comúns”. Inicialmente fíxose referencia ás características das nosas entidades e ás prestacións que cubrimos, e describiuse especificamente como realizamos a xestión das C.C. na Mutua facendo especial fincapé en que non só asumimos actuacións de seguimento e control, senón que tratamos de axudar o [traballador](/gl-ES/traballador) enfermo en colaboración co Servizo Público de Saúde. Achegouse datos da evolución do absentismo nestes anos de crise económica e describiuse o complexo modelo de xestión da [Incapacidade Temporal](/gl-ES/incapacidade-temporal) en España e as modificacións que estableceu a “Lei de Mutuas”.

Posteriormente interveu a Dra. Dª Carmen Mancheño Potenciano, médica do Traballo de CC.OO., que comentou as situacións máis frecuentes de conflito entre os traballadores e as mutuas, e aconsellou aos delegados as actuacións que debían desenvolver ante estas situacións.

Posteriormente abriuse un coloquio sobre problemas que tiveran con distintas mutuas e sobre dúbidas xurdidas ao longo das intervencións.

Clausurou o acto D. Carmelo Plaza Baonza, secretario de [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) de CC.OO. de Madrid e membro da [Comisión de Control e Seguimento](/gl-ES/comision-de-control-e-seguimento) de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), quen resaltou o interese da xornada.

   
 " A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"