---
title: "A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA SOBRE NEXT GENERATION E-LEARNING"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-participou-nunha-xornada-sobre-next-generation-e-learning"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-participado-en-una-jornada-sobre-next-generation-e"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-participat-en-una-jornada-sobre-next-generation-e"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-next-generation-e-learning-ari-buruzko-jardunaldi"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-participou-nunha-xornada-sobre-next-generation-e-learning"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA SOBRE NEXT GENERATION E-LEARNING



05/06/2012

Novedades

 O pasado 29 de maio, o Institute for International Research-IIR España, celebrou en Madrid unha xornada sobre "Next Generation e-Learning " no que participaron importantes empresas nacionais que apostaron pola formación en liña nos seus plans formativos.

 Dª. Concepción Guerrero, directora do Departamento de Relacións Laborais e Xestión do Talento de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), foi a encargada de expoñer o modo e contido da formación a distancia que a mutua ofrece a todos os seus empregados. Para Fraternidad-Muprespa, a formación é un aspecto básico e decisivo no desenvolvemento profesional e persoal. Por [iso](/gl-ES/iso), a mutua pon á súa disposición diversos módulos formativos en liña.  
   
 Factores como a claridade de contidos, dispoñer de módulos breves e sistemáticos, liberdade de acceso ás plataformas, dispoñibilidade de infraestrutura, autoxestión do tempo e adaptación da oferta formativa en función do perfil do empregado, son considerados claves para o éxito da formación en liña no traballo.

 [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) conta cunha experiencia de varios anos na implantación de formación en liña, formación que se complementa con outras actividades didácticas e con metodoloxía presencial. Un exemplo de investimento no proxecto profesional, persoal e formativo dos empregados da entidade, incentivando a cualificación, o talento e o compromiso coa mutua.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"