---
title: "A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU O SEU XVIII SIMPOSIUM MÉDICO: LESIÓNS DE OMBRO NO ÁMBITO LABORAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-realizou-o-seu-xviii-simposium-medico-lesions-de-ombro-no"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrado-su-xviii-simposium-medico-lesiones-de-hombro-en"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-ha-celebrat-el-xviii-simposium-medic-lesions-despatlla-en"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitateak-bere-xviii-medikuntza-sinposioa-egin-du-sorbaldako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/mutua-fraternidad-muprespa-realizou-o-seu-xviii-simposium-medico-lesions-de-ombro-no"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU O SEU XVIII SIMPOSIUM MÉDICO: LESIÓNS DE OMBRO NO ÁMBITO LABORAL



23/10/2015

Novedades

A Mutua Fraternidad-Muprespa inaugurou o seu XVIII Simposium Nacional “Actualización no Manexo das Lesións de Ombro no ámbito laboral” no Auditorio Duques de Pastrana de Madrid.

O acto de apertura e benvida estivo presidido por D. Carlos Aranda Martín, [director xerente](/gl-ES/director-xerente) da Mutua, xunto á xerente do Hospital, Dª Elena López Eusebio e o presidente e vicepresidente do Comité Organizador do Congreso, os doutores D. Juan P. Aguado Fernández e D. Alejandro Fernández Domingo.

O [director xerente](/gl-ES/director-xerente) deu a benvida aos presentes facendo fincapé no éxito do simposio, con 203 inscricións e a participación dos máis importantes profesionais da especialidade de ombro, entre eles médicos de sete mutuas colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social). Para rematar, emprazou a todos ao próximo simposio que terá lugar no novo Hospital Central de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa).

Con tres mesas redondas expuxéronse as últimas novidades no tratamento das lesións de ombro que significan unha alta porcentaxe das patoloxías que teñen que tratar as mutuas.

O ombro ten unha ampla e variada gama de movementos en múltiples direccións e, polo tanto, asento de múltiples patoloxías. Hai que engadir que é unha das articulacións que sofre máis lesións dentro do ámbito laboral.

Grazas aos mellores medios de diagnóstico e ás técnicas de tratamento máis especializadas obtéñense mellores resultados que permiten mellorar a calidade de vida dos pacientes operados.

Por todos estes motivos, [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) centrou o seu XVIII Simposium Nacional nas lesións do ombro no ámbito laboral.

 ![RELATORES DO XVIII SIMPOSIUM MÉDICO: LESIÓNS DE OMBRO NO ÁMBITO LABORAL]()   
 " A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"